A vicepresidenta Luisa Sánchez asiste á XXXII Festa do Polbo de Valladares

11/08/2024

Festa do polbo en Valladares 2024

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu esta mañá na Carballeira do Pedregal á XXXII Festa do Polbo, organizada polo Centro Veciñal e Cultural de Valladares de Matamá. A vicepresidenta aproveitou ocasión para eloxiar o carácter festivo desta parroquia e reivindicou esta celebración como “unha cita imprescindible no calendario estival de festas de Vigo e incluso doutros puntos da provincia”. “Tendes convertido esta celebración nos seus máis de 30 anos de historia nunha festa tan especial que moitas persoas regresan ano tras ano a esta fronteira verde entre o Val do Fragoso e o Val Miñor para desfrutar con todos vós. ”, asegurou.

Luisa Sánchez tamén quixo dar os parabéns e agradecer ao Centro Veciñal e Cultural de Valladares “non só por organizar esta festa, que é sempre sinónimo de éxito. Tamén por todo o que fai ao longo do ano para potenciar a cultura e a convivencia”, ao tempo que tendeu a manda de Deputación “para impulsar festexos tan importantes como este, que falan do que somos e do ben que facemos as cousas”.

 

Galerias de imaxes