A sede da Deputación tínguense de verde para conmemorar o Día Mundial contra o Cancro

A institución únese á demanda da Asociación Española Contra o Cancro para visibilizar e difundir esta doenza e concienciar á sociedade sobre a enfermidade

30/01/2022

A Deputación de Pontevedra sumarase este luns, 31 de xaneiro, á conmemoración do Día Mundial contra o Cancro iluminando a partir das 19.00 horas de verde o Pazo Provincial. Deste xeito a institución, que manterá o alumeado ata as 8.00 horas do 7 de febreiro, únese á demanda da Asociación Española Contra o Cancro para visibilizar e difundir esta doenza e concienciar á sociedade sobre a enfermidade.

O Día Mundial Contra o Cancro celébrase cada ano dende o 2000 o 4 de febreiro promovido pola Organización Mundial da Saúde, o Centro Internacional de Investigacións sobre o Cancro e a Unión Internacional contra o Cancro. O principal obxectivo desta efeméride consiste na mobilización social para avanzar cara a prevención, investigación, concienciación e control desta doenza, facendo un chamamento á participación e compromiso de todas e de todos.  Este ano e os vindeiros dous o lema do Día Mundial contra o Cancro será o mesmo “Por uns coidados máis xustos”, para facer un chamamento e reivindicar a falta de equidade existente no mundo en canto á atención oncolóxica.

Cada ano diagnostícanse no mundo máis de 14 millóns de casos novos de cancro, unha enfermidade que provoca preto de 10 millóns de mortes anuais. Segundo os últimos estudos prevese que un de cada dous homes e unha de cada tres mulleres teña cancro nalgún momento da súa vida. A prevención é fundamental  para poder incrementar as posibilidades de curación e mellorar a calidade de vida das persoas que a padecen.

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 4 resultados.