A Deputación lanza +Convivir, unhas xornadas lúdicas e formativas dirixidas ao movemento asociativo da provincia

O novo programa dará comezo o día 13 de setembro en Poio e espallarase por diferentes concellos da provincia

30/08/2024

Conferencia de prensa de Luis López

A Deputación de Pontevedra lanza +Convivir, unhas xornadas lúdicas e formativas dirixidas ao movemento asociativo da provincia. Este novo programa, tal e como informou o presidente provincial Luis López en conferencia de prensa, dará comezo o día 13 de setembro en Poio e espallarase por diferentes concellos da provincia.

“Xuntos, entre todos, é como se constrúe esta provincia, e iso é precisamente o que queremos poñer en valor con +Convivir” remarcou o presidente da Deputación.  O programa contempla xornadas lúdicas e tamén formativas nas que haberá charlas e mesas redondas sobre doenzas como perdas de memoria ou trastornos psicolóxicos, clases de pilates, xogos de interacción e actuacións musicais.

“Trátase –remarcou Luis López– dunha iniciativa coa que queremos demostrar, de novo, que este goberno da Deputación conta co movemento veciñal para seguir dinamizando a provincia de Pontevedra”.

 

 

 

 

 

 

 

 

videos

audios