- Galego
- español
Subscríbete á nosa newsletter e, semanalmente, enviarémosche información sobre as novidades da Depo
Vitoria-Gasteiz, 1983
É xornalista, licenciada na Universidade de Santiago de Compostela. Empezou traballando en comunicación empresarial e institucional e en 2010 incorporouse á redacción de Onda Cero en Galicia.
Dirixe e presenta o programa local diario Más de uno Pontevedra desde hai catorce anos. En setembro de 2015 asumiu a coordinación de Gente viajera de Galicia, un programa semanal centrado no turismo, no lecer, na cultura e na gastronomía.
Ademais, desde 2016 forma parte da programación nacional de Onda Cero co programa Un alto en el camino, seis horas de directo nas mañás da fin de semana que cada verán se emite desde Pontevedra para todo o Estado.
É coautora do libro Oito olladas sobre a folga feminista do 8 de marzo (Editorial Galaxia), no que oito mulleres moi diferentes escriben sobre a súa experiencia ao redor da folga xeral e das mobilizacións do Día da Muller de 2018.
Formou parte do xurado de dous dos premios literarios máis prestixiosos de Galicia: o Xerais (2014) e o Torrente Ballester (2020). En 2017 e 2022 foi finalista nos Premios Follas Novas do Libro Galego na categoría de xornalismo cultural.
Actualmente é comisaria dos premios literarios convocados pola Deputación da Coruña.
É cofundadora do congreso As Mulleres que Opinan Son Perigosas que este ano 2024 chega á súa sétima edición. En 2022 publicouse o libro de entrevistas As mulleres que opinan son perigosas. Catro anos e unha pandemia despois, que resume a primeira edición do congreso con conversas actuais protagonizadas por mulleres xornalistas.
Web: https://www.ondacero.es/programas/un-alto-en-camino/
Twitter: @SuPedre
Instagram: su_pedre
Subscríbete á nosa newsletter e, semanalmente, enviarémosche información sobre as novidades da Depo