- Galego
- español
Subscríbete á nosa newsletter e, semanalmente, enviarémosche información sobre as novidades da Depo
Madrid, 1981
É nai de dous fillos e xornalista especializada en temas de maternidade e infancia.
Publicou dous libros infantís, Tetita (Editorial Minis, 2017) e ¡Ñam! Sobre lo que comemos (Andana Editorial, 2020), e participou co relato "Hostal" no segundo volume da antoloxía feminista Discípulas de Gea (Inventa Editores, 2018).
En abril de 2022 publicaba Maternidades precarias (Arpa), un ensaio que busca abrir outros discursos ao redor da experiencia da maternidade facendo visibles as dificultades ás que hoxe nos enfrontamos nunha sociedade que non valora nin as nais nin os coidados.
Recibiu o I Premio de Comunicación LactApp (2021) por informar con rigorosidade sobre a lactación materna.
Actualmente traballa no Instituto Europeo de Saúde Mental Perinatal e colabora de forma habitual con medios coma El País, ARA, El Diario, Pikara Magazine ou El Salto.
Subscríbete á nosa newsletter e, semanalmente, enviarémosche información sobre as novidades da Depo