- Galego
- español
Subscríbete á nosa newsletter e, semanalmente, enviarémosche información sobre as novidades da Depo
Pontevedra, 1986
É xornalista e guionista. Licenciada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela, conta cun máster en Reporteirismo e Xornalismo de Investigación e outro en Creación, Desenvolvemento e Comercialización de Contidos Audiovisuais.
En 2012 creou o blog Suspenso en religión e en 2013 fíxose viral o seu artigo Mi coño, que superou o millón de visitas en poucos días. Desde entón está vinculada ao activismo polos dereitos das mulleres e fai opinión en clave feminista.
Traballou en prensa escrita, radio, televisión e cinema como redactora e guionista. Nesta última faceta desenvolveu o seu traballo durante varios anos vinculada a diferentes programas e series da Televisión de Galicia.
Publicou os ensaios No es país para coños (2016, sete edicións) e Maternofobia (2019), ambos editados por Ediciones Península. Dirixiu a obra de teatro breve No es país para coños e a curtametraxe Feminazi (Premio do Público do Festival Internacional de Cinema de Ourense). Tamén colaborou na novela ilustrada Voces que cuentan cun relato persoal sobre a anorexia (Planeta Cómic, 2020) e dirixiu o monólogo teatral A Síndrome de Lis.
Coorganiza o encontro As Mulleres que Opinan Son Perigosas desde a súa primeira edición. Coescribiu o libro de entrevistas As mulleres que opinan son perigosas. Catro anos e unha pandemia despoisxunto á súa compañeira Susana Pedreira.
Recentemente superou o máster en Formación do Profesorado.
Desde 2018 colabora en Público.
Subscríbete á nosa newsletter e, semanalmente, enviarémosche información sobre as novidades da Depo