- Galego
- español
Subscríbete á nosa newsletter e, semanalmente, enviarémosche información sobre as novidades da Depo
É licenciada en Xornalismo e conta co Máster en Comunicación Política pola Universidade de Santiago de Compostela.
A súa actividade profesional desenvólvese principalmente como asesora de prensa na política municipal e dirixindo campañas electorais.
Colaborou como articulista de opinión en medios de comunicación alternativos e dixitais coma La Marea, CTXT ou Kamchatka.es e como crítica cinematográfica con perspectiva de xénero na revista Apuntes de Cine da editorial Antipersona.
É activista feminista en distintos colectivos, coma a Plataforma Contra a Impunidade do Caso Carioca, creada para denunciar a vulneración dos dereitos humanos das mulleres vítimas da maior trama de trata e explotación sexual destapada no Estado español; así mesmo, participou no multipremiado documental Benvidas ao club, realizado pola directora Carmen Granxeiro.
Subscríbete á nosa newsletter e, semanalmente, enviarémosche información sobre as novidades da Depo