Sandra Amézaga
![Sandra Amézaga](/documents/37861/2372951/SANDRA-AMEZAGA.jpg/0be33f8d-9b92-1152-9b2f-6997b32d0f5d?t=1662719993940)
Empresaria do mar. Secretaria de Mulleres Salgadas, asociación galega de mulleres do mar, desde a súa creación en 2016.
É licenciada en Ciencias Políticas e Socioloxía e realizou un mestrado en Consultoría de Igualdade de Xénero. Actualmente é alumna do Programa de doutoramento de ciencias sociais e do comportamento da Universidade da Coruña (UDC).
Desenvolveu toda a súa carreira profesional vinculada ao mar, primeiro en control de xestión dunha empresa multinacional de pesca do atún e, desde o 2006, como emprendedora na contorna de pequenas empresas do sector pesqueiro en Galicia.