Os residuos e as entidades locais

Os residuos e as entidades locais

provincia de Pontevedra

Un residuo é calquera substancia ou obxecto que unha persoa desbote ou teña a intención ou obriga de desbotar.


É competencia obrigatoria das entidades locais establecer o servizo de recollida, transporte e tratamento dos residuos domésticos (os xerados nos fogares como resultado da actividade doméstica) e os similares en composición e cantidade producidos en servizos e industrias que non proveñen da súa propia actividade. Ademais, se así se dispón nas súas ordenanzas, poden recoller os residuos comerciais non perigosos.

As entidades locais están obrigadas a establecer a recollida separada de, polo menos, papel, metais, plásticos, vidro, biorresiduos, téxtiles, aceite de cociña usado, residuos domésticos perigosos e voluminosos.

Principais fluxos de recollida municipal

SI

  • Froitas e verduras cociñadas e sen cociñar
  • Carne e peixe cociñados e sen cociñar
  • Cascas de ovo e froitos secos
  • Restos de comida
  • Papel de cociña e panos de papel sucios
  • Café e infusións
  • Flores, plantas e herbas do xardín

NO

  • Aceite
  • Cueiros e téxtil sanitario
  • Excrementos de animais e area de gatos
  • Cabichas de tabaco
  • Varreduras

SI

  • Caixas de cartón
    • galletas, cereais...
    • ovos
    • calzado
  • Envoltorios de papel
  • Bolsas de papel
  • Xornais e revistas
  • Cadernos e libretas sen encadernar
  • Papel publicitario

NO

  • Briks
  • Papeis ou envoltorios sucios
  • Panos de papel
  • Cueiros e compresas
  • Caixas de medicamentos (punto SIGRE)

SI

  • Botellas e envases de plástico
    • produtos de hixiene e de limpeza
    • terrinas
    • bandexas de porespán
    • envoltorios e bolsas
    • botellas con tapas e tapóns
    • papel filme
  • Envases de metal
    • latas
    • bandexas de aluminio
    • aerosois
    • botes de desodorizante
    • papel de aluminio
  • Briks
  • Envases de madeira: caixas de froitas e verduras, de viños e espirituosos
  • Envases de cerámica: iogures, natillas....

NO

  • Plásticos e metais que non sexan envases: xoguetes , biberóns, utensilios de cociña, peites, luvas de goma
  • Blísters de medicamentos (punto SIGRE)

SI

  • Botellas de vidro de calquera cor
  • Botes e frascos de vidro
    • conservas
    • cosmética

NO

  • Lámpadas e fluorescentes
  • Espellos
  • Utensilios de vidro que non sexan envases
  • Vaixela
  • Cristalería
  • Envases de medicamentos (punto SIGRE)

SI

  • Cueiros e téxtil sanitario
  • Varreduras
  • Vaixela e cristalería rotas
  • Cabichas
  • Bolígrafos
  • Residuos sen recollida diferenciada

NO

  • Xoguetes rotos (punto limpo)
  • Residuos perigosos do fogar (punto limpo)
    • pilas
    • baterías
    • pinturas
    • fluorescentes
    • electrodomésticos
  • Medicamentos (punto SIGRE)

SI

  • calquera tipo de roupa ou material téxtil que xa non se utilice e que proceda dos fogares. Por exemplo:
    • roupa usada ou danada
    • accesorios téxtiles
    • zapatos
    • roupa de cama
    • toallas
    • ...

SI

  • residuo de graxas de orixe vexetal e animal xerado tras empregarse para cociñar alimentos no ámbito doméstico

SI

  • inclúen unha variedade de materiais que, polas súas características ou pola súa composición, poden ser nocivos para a saúde humana ou para o medio, coma botes de pintura e vernices, disolventes, insecticidas...

SI

  • mobles e outros útiles

 

 

 

Obrigas das entidades locais segundo a Lei 7/2022, de 8 de abril, de residuos e solos contaminados para unha economía circular

Obxectivos clave para a xestión de residuos

 

Obxectivos clave para a xestión de residuos

 

CONTACTO:

 

Os concellos poden solicitar asistencia técnica en materia de residuos a través do correo electrónico residuos@depo.es ou no teléfono 886 210 600.