SEVIC
Servizo de Vixilancia, Inspección e Control
O Servizo de Vixilancia, Inspección e Control (SEVIC) é un corpo creado pola Deputación de Pontevedra para colaborar cos concellos na supervisión dos residuos domésticos e comerciais co fin de cumprir coas disposicións da Lei 7/2022, de 8 de abril, de residuos e solos contaminados para unha economía circular (LRSCEC). Nesta normativa establécese que as entidades locais teñen a responsabilidade de exercer a potestade de vixilancia e inspección, así como a potestade sancionadora.
O corpo de inspección provincial está composto por funcionarias e funcionarios que teñen a condición de axentes da autoridade.
Entre outras, as competencias do SEVIC son:
- Identificar os produtores de residuos.
- Informar e asesorar na separación de residuos.
- Recompilar toda a información necesaria para a vixilancia e a inspección.
- Elaborar actas nas que se recollan os feitos constatados.
Co resultado das inspeccións poderanse elaborar recomendacións e/ou instrucións de boas prácticas para corrixir as deficiencias detectadas ou, no seu caso, tramitar o correspondente expediente sancionador.
As sancións en tema de residuos están tipificadas na LRSCEC, na que se considera infracción grave a obstrución á actividade de vixilancia, inspección e control das administracións públicas (con multas desde 2.001 euros ata 100.000 euros).
Concellos adheridos ao SEVIC ata o 1 de febreiro de 2024:
- Baiona
- Barro
- Bueu
- Cangas
- Cañiza, A
- Gondomar
- Guarda, A
- Meis
- Moaña
- Mondariz-Balneario
- Neves, As
- Porriño, O
- Rosal, O
- Salceda de Caselas
- Silleda
- Tomiño