“Ponte a zero”
Programa educativo
Co fin de educar e sensibilizar sobre a redución e a boa xestión dos residuos municipais, a Deputación de Pontevedra puxo en marcha en 2023 o programa educativo “Ponte a zero”, dirixido aos centros de educación infantil, primaria e secundaria da provincia de Pontevedra.
Este programa está desenvolvido polo Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA) a través dun convenio de colaboración coa Deputación; nel inclúense actividades nas aulas, xornadas de formación do profesorado, obradoiros e seminarios, entre outros.