Formación
A información e a educación na xestión de residuos é esencial para incrementar a conciencia ambiental, promover prácticas de xestión de residuos sostible e reducir a contaminación. Ademais, axúdalle á cidadanía a comprender a importancia de reducir, reutilizar e reciclar os materiais para minimizar a súa pegada ecolóxica.
Seminario Retos das Entidades Locais na Xestión de Residuos (14 de decembro de 2023)
A finalidade desta xornada é dar a coñecer as obrigas, cada vez máis esixentes, que teñen os concellos no ámbito dos residuos municipais, así como os modelos de recollida selectiva cos que se poida avanzar no cumprimento dos obxectivos establecidos na lei para 2025 e 2030.
A xornada está destinada a alcaldesas e alcaldes, concelleiras e concelleiros, e persoal técnico e profesional da xestión de residuos municipais.
- Programa do seminario Retos das Entidades Locais na Xestión de Residuos
- Presentacións do seminario
- Juan José Pernas. Lei residuos Pontevedra
- María Martínez. 20231214 Sección Residuos Deputación Pontevedra 20231214
- Susana Soto. Ponte a zero EA_seminario
- Javier Domínguez Lino. PPT_Red Valorización Biorresiduos Prov. Pontevedra-SOGAMA_Diciembre 2023
- Silvia Gomes. Pontevedra
- Henrique Silva. Pontevedra_LIPOR_14_12_2023
- Ángel Álvarez. Seminario Xestión de Residuos Pontevedra 16-9
Outros cursos
- Curso Básico de Mestría en Compostaxe. Varias edicións levadas a cabo con Amigos da Terra
- Cursos de Mantemento de CCC para Operarios Municipais
- Curso de Formación de Inspectores de Residuos
- Formacións anuais en separación de residuos no CIFP Carlos Oroza
- Convocatoria de catro formacións de mestras e mestres composteiros