O ORAL reafirma o seu compromiso coa mellora continua e obtén a certificación ISO 9001:2015 no seu servizo de atención ás e aos contribuíntes e aos entes delegantes
O Órgano de Xestión Tributaria e Recadación de Recursos Locais da Deputación de Pontevedra (ORAL) obtivo recentemente a certificación ISO 9001:2015 no servizo de atención a contribuíntes e entes delegantes. Este recoñecemento avala o compromiso coa calidade, a excelencia e a mellora continua en todos os seus procesos.
20/02/2025
A norma ISO 9001:2015 é un estándar internacional que define os requisitos para un sistema de xestión da calidade (SXC). Obter esta certificación significa que o ORAL implementou un sistema que cumpre con rigorosos criterios de calidade na prestación dos seus servizos. Algúns aspectos chave que abarca esta norma son:
- Enfoque á e ao cliente: priorizar a satisfacción de contribuíntes e entes delegantes, comprendendo as súas necesidades e expectativas.
- Liderado: compromiso da dirección coa calidade e a mellora continua.
- Participación do persoal: involucrar as e os empregados na xestión da calidade e fomentar o seu desenvolvemento profesional.
- Enfoque baseado en procesos: xestionar as actividades como procesos interrelacionados para lograr resultados eficientes.
- Mellora continua: buscar constantemente formas de optimizar os procesos e mellorar a calidade dos servizos.
- Toma de decisións baseada na evidencia: utilizar datos e análises para tomar decisións informadas.
- Xestión das relacións: manter relacións mutuamente beneficiosas cos entes delegantes e outras partes interesadas.
Implementación e validez da certificación:
O ORAL adoptou un enfoque de mellora continua implementando un SXC conforme á norma ISO 9001:2015. Tras superar as auditorías correspondentes, obtivo a certificación, que ten unha validez de tres anos, suxeita a auditorías anuais de seguimento para asegurar o mantemento dos estándares de calidade.
Beneficios para contribuíntes e entes delegantes:
A certificación ISO 9001:2015 do ORAL tradúcese en beneficios concretos para as persoas usuarias dos seus servizos:
- Maior calidade na atención: un servizo máis eficiente, áxil e personalizado.
- Maior confianza e transparencia: procesos máis claros e definidos que xeran maior confianza na xestión do ORAL.
- Mellora continua dos servizos: o compromiso coa mellora continua asegura que os servizos se adapten ás necesidades cambiantes das persoas contribuíntes e entes delegantes.
- Maior fiabilidade: a estandarización de procesos reduce a posibilidade de erros e asegura a consistencia na prestación dos servizos.
Compromiso coa mellora continua:
O ORAL reafirma o seu compromiso coa mellora continua e a satisfacción das persoas usuarias, buscando constantemente novas formas de optimizar os seus procesos para brindar servizos eficientes, confiables e orientados ás necesidades de contribuíntes e entes delegantes.