O Concello da Estrada publica a modificación da ordenanza fiscal núm. 20

08/04/2025

O 7 de abril de 2025 publicouse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra a modificación da ordenanza número 20, reguladora da taxa por instalacións de postos, barracas, casetas de venda, espectáculos, atraccións ou recreo sitos en terreo público municipal, así como industrias na rúa e ambulantes e rodaxe cinematográfica, cuxa xestión, liquidación, inspección e recadación en período voluntario e executivo está delegada no ORAL da Deputación de Pontevedra.

Para obter información detallada, pódese consultar o texto completo da modificación na seguinte ligazón: BOPPO 07/04/2025. Tamén se pode atopar información adicional sobre os tributos delegados polo Concello da Estrada no ORAL, tipos impositivos e demais ordenanzas fiscais en "O meu concello".