Novidades normativas do primeiro trimestre de 2025: recompilación de actualizacións das ordenanzas municipais en materias delegadas no ORAL
Durante o primeiro trimestre do 2025 publicáronse diversas modificacións en ordenanzas fiscais de varios concellos en relación coas competencias delegadas no ORAL da Deputación de Pontevedra, tanto no que se refire aos tributos, cuxa xestión, liquidación, inspección e recadación lle corresponde ao citado órgano da institución provincial, coma no que atinxe á colaboración no procedemento sancionador en materia de tráfico.
14/04/2025
A continuación, detallamos as actualizacións máis relevantes:
- Concello da Estrada
- Modificación da Ordenanza fiscal da taxa por ocupación de terreos de uso público municipal con mesas, cadeiras, tribunas, taboados e outros elementos análogos.
Publicación no BOPPO: 28/01/2025
Ligazón: https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2025/01/28/2025003411 - Modificación da Ordenanza fiscal reguladora da taxa por licenzas urbanísticas.
Publicación no BOPPO: 03/02/2025
Ligazón: https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2025/02/03/2025004237 - Modificación da Ordenanza reguladora da taxa por ocupación de terreos de uso público municipal con mercadorías, materiais de construción, refugallos, valado, puntais, andamios e outras instalacións análogas.
Publicación no BOPPO: 03/02/2025
Ligazón: https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2025/02/03/2025004238 - Modificación da Ordenanza reguladora da taxa por ocupación do subsolo de terreos de uso público municipal.
Publicación no BOPPO: 03/02/2025
Ligazón: https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2025/02/03/2025004239 - Modificación da Ordenanza reguladora da taxa por ocupación do voo de toda clase de vías públicas municipais con elementos construtivos pechados, terrazas, miradoiros, balcóns, marquesiñas, toldos, paraventos e outras instalacións semellantes salientes sobre a vía pública ou que sobresaian da liña da fachada.
Publicación no BOPPO: 07/03/2025
Ligazón: https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2025/03/07/2025009843 - Modificación da Ordenanza reguladora da taxa por instalación de postos, barracas, casetas de venda, espectáculos, atraccións ou recreo, situados en terreo público municipal, así como industrias na rúa e ambulantes e rodaxe cinematográfica.
Publicación no BOPPO: 07/04/2025
Ligazón: https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2025/04/07/2025019857
- Modificación da Ordenanza fiscal da taxa por ocupación de terreos de uso público municipal con mesas, cadeiras, tribunas, taboados e outros elementos análogos.
- Concello de Poio
- Modificación da Ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre bens inmobles (IBI).
Publicación no BOPPO: 28/02/2025
Ligazón: https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2025/02/28/2025008448
- Modificación da Ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre bens inmobles (IBI).
- Concello de Salceda de Caselas
- Aprobación da Ordenanza municipal de circulación.
Publicación no BOPPO: 10/03/2025
Ligazón: https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2025/03/10/2025011240
- Aprobación da Ordenanza municipal de circulación.