Exposición pública da matrícula do IAE correspondente ao exercicio 2025

10/04/2025

Xa está aberto o período de exposición pública da matrícula do imposto sobre actividades económicas (IAE) correspondente ao exercicio 2025 nos seguintes concellos:

  • Agolada
  • Arbo
  • Baiona
  • Barro
  • Caldas de Reis
  • Cambados
  • Campo Lameiro
  • Cangas
  • Cañiza, A
  • Catoira
  • Cerdedo-Cotobade
  • Covelo
  • Crecente
  • Cuntis
  • Dozón
  • Estrada, A
  • Fornelos de Montes
  • Gondomar
  • Guarda, A
  • Lalín
  • Lama, A
  • Meaño
  • Meis
  • Moaña
  • Mondariz
  • Mondariz-Balneario
  • Moraña
  • Mos
  • Neves, As
  • Nigrán
  • Oia
  • Pazos de Borbén
  • Porriño, O
  • Portas
  • Poio
  • Ponteareas
  • Ponte Caldelas
  • Pontecesures
  • Rodeiro
  • Rosal, O
  • Salceda de Caselas
  • Salvaterra de Miño
  • Sanxenxo
  • Silleda
  • Soutomaior
  • Tomiño
  • Tui
  • Valga
  • Vilaboa
  • Vila de Cruces
  • Vilanova de Arousa

O ORAL da Deputación de Pontevedra, en virtude das funcións que, en materia de recadación de ingresos públicos dos concellos sinalados, ten delegadas, pon a disposición destes a matrícula que comprende o censo de persoas contribuíntes obrigadas ao pagamento do IAE con detalle das actividades suxeitas e exentas.

A publicación oficial da exposición realizouse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO), número 69, de 10 de abril de 2025, e estará dispoñible para consulta pública nas dependencias dos municipios sinalados durante un período de 15 días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación no BOPPO e finaliza o 25 de abril de 2025.

Unha vez rematado o período de exposición pública, as persoas contribuíntes dispoñerán do prazo de un (1) mes para interpoñer os recursos que procedan contra os actos de inclusión, exclusión ou alteración de datos na matrícula.

Ligazóns de interese