Inicio do procedemento simplicado de valoración colectiva no concello de Soutomaior

19/01/2024

O pasado 10 de xaneiro de 2024 publicouse anuncio do inicio do procedemento simplificado de valoración colectiva no concello de Soutomaior levado a cabo pola Xerencia Territorial do Catastro de Pontevedra para adaptar os valores catastrais dos inmobles ao planeamento en vigor (art. 30.2 Real Decreto Lexislativo 1/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Catastro Inmobiliario).

No devandito anuncio ponse en coñecemento das persoas titulares catastrais afectadas a apertura do trámite de audiencia durante o prazo de 10 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do citado anuncio, na Gerencia Territorial do Catastro de Pontevedra a fin de que poidan formular as alegacións e achegar as probas que estimen pertinentes.

Para consultar os datos do procedemento e presentar alegacións, as persoas interesadas deberán dirixise á Xerencia Territorial do Catastro de Pontevedra:

  • Oficina de Pontevedra: Rúa Andrés Muruais, 4 Pontevedra - Cita previa en  www.sedecatastro.gob.es ou a través da liña directa do Catastro nos teléfonos 91 387 45 50  - 902 37 36 35
  • Oficina de Vigo: Rúa Lalín, 2. 36271 – Vigo - Cita previa en  www.sedecatastro.gob.es ou a través da liña directa do Catastro nos teléfonos 91 387 45 50  - 902 37 36 35