Aberto o prazo para o aboamento de liquidacións derivadas dos PSVC nos concellos de Baiona, Caldas de Reis, O Porriño e Ponteareas
06/02/2024
Desde o 2 de febreiro ata o 4 de abril está aberto o prazo para o aboamento de liquidacións derivadas dos procedementos simplificados de valoración colectiva que a Xerencia Territorial do Catastro de Pontevedra realizou nos concellos de Baiona, Caldas de Reis, O Porriño e Ponteareas
Se non ten a súa carta de pagamento, recorde que pode obtela e evitar recargas innecesarias a través dos seguintes medios:
- En https://ovt.depo.gal
- A través do correo electrónico informacion.oral@depo.gal
- Nos teléfonos 886 211 400 e 886 211 420
- En calquera das nosas oficinas de atención presencial
No día seguinte á data límite de pagamento en período voluntario o ORAL fará efectivo o cobro a través da vía de constrinximento, coa inclusión dos xuros de mora e das recargas que procedan no seu caso.
Para planificar a súa asistencia ás nosas oficinas, e así evitar esperas innecesarias, pode obter cita previa en:
WEB ORAL: https://www.depo.gal/oral-xestion-tributaria-e-catastral
OVT: https://ovt.depo.gal
SEDE ELECTRÓNICA: https://sede.depo.gal/citaprevia
TELÉFONOS: 886 211 420 / 886 211 400