Publicado no BOPPO o calendario de cobro de tributos municipais para 2025

11/12/2024

No BOPPO con data do 29 de novembro de 2024 publicouse o calendario de cobranza dos tributos xestionados por conta dos concellos da provincia. No devandito calendario detállanse as datas de inicio e fin dos períodos voluntarios de pago para cada un dos tributos xestionados polo ORAL-Deputación de Pontevedra

Para consultar as datas exactas de cada tributo, pódese acceder ao BOPPO a través da seguinte ligazón: https://boppo.depo.gal/

A consulta desta información é esencial para que as persoas contribuíntes poidan cumprir coas súas obrigas tributarias a tempo e evitar recargas e intereses de demora

Ligazóns de interese