O ORAL ponse ao día: nova web, novas facilidades

O Órgano de Xestión Tributaria e Recadación de Recursos Locais (ORAL) presenta a súa nova páxina web, unha ferramenta máis moderna, intuitiva e accesible para todos os cidadáns.

09/12/2024

Nova web do ORAL

O ORAL deu un paso adiante no seu compromiso por ofrecer un servizo público de calidade e transparente, estreando unha nova web completamente renovada. Esta plataforma dixital, adaptada á nova imaxe corporativa da Deputación de Pontevedra, foi desenvolvida cun xestor de contidos de última xeración, o que garante unha experiencia de usuario máis áxil e satisfactoria.

Que novidades atoparás na nova web do ORAL?

  • Navegación sinxela e intuitiva: Un novo menú principal facilita a procura da información que necesitas, con seccións claramente definidas e un buscador interno que te levará directamente aos contidos relevantes.
  • Información actualizada e personalizada: A páxina de inicio mostra as últimas noticias e avisos importantes, así como accesos rápidos aos contidos máis consultados.
  • Contacto fácil e próximo: Poderás atopar toda a información necesaria para contactar co ORAL, incluíndo a localización das oficinas e os horarios de atención.
  • Tributos claros e concisos: Mellorouse a visualización e a explicación dos impostos xestionados polo ORAL, ofrecendo información detallada e específica para cada un deles.
  • Información municipal ao teu alcance: A web inclúe seccións dedicadas aos municipios, con información específica dos tributos delegados.

Con esta nova web, o ORAL pretende achegar a administración á cidadanía reafirma o seu compromiso coa transparencia, a eficiencia e a calidade na prestación de servizos públicos.