BIOCOSTEIRO

BIOCOSTEIRO

Conservación da biodiversidade en hábitats costeiros galegoportugueses para promover e lograr un desenvolvemento equilibrado das economías locais

O proxecto "BIOCOSTEIRO"

O proxecto “BIOCOSTEIRO” aborda conxuntamente retos e problemáticas ambientais e turísticas compartidas nos territorios, varias delas de gran magnitude, o que fai necesario deseñar e adoptar de forma conxunta estratexias, plans de acción e solucións sostibles adaptados a cada territorio, xa que o espazo que abarca o proxecto conta con hábitats de interese comunitario prioritarios con funcións ecosistémicas fundamentais que están alterados ou transformados debido, principalmente, ao desenvolvemento turístico e á elevada densidade de poboación litoral en época estival, así como a impactos da actividade turística, o que provoca que ecosistemas litorais e as súas especies sexan moi fráxiles.


O obxectivo do proxecto é mellorar a protección e a preservación da natureza e da biodiversidade (hábitats costeiros e especies asociadas, coma poboacións invernantes e reprodutoras de limícolas e zancudas de especial importancia ecolóxica) da Rede Natura 2000 e doutros lugares de interese do espazo transfronteirizo Pontevedra-Viana do Castelo, así como reducir a presenza de especies exóticas invasoras (EEI), acompañadas de accións de sensibilización destinadas a escolares e á sociedade, mentres se promove e pon en marcha un novo modelo de xestión turística responsable e sostible, cuxos obxectivos específicos son:

  • Planificar e coordinar medidas para protexer e mellorar o estado de conservación de Charadrius alexandrinus, Haematopus ostralegus, Numenius arquata e Platalea leucorodia, así como hábitats asociados de interese comunitario prioritarios ―praias, dunas marítimas das costas atlánticas, dunas de area, lagoas intermareais e costeiras etc. ― da Rede Natura 2000 en zonas costeiras da provincia de Pontevedra e de Viana do Castelo, e reducir a presenza de EEI Cortaderia selloana, Carpobrotus edulis, Acacia longifolia, Acacia melanoxylon e Acacia dealbata.
  • Deseñar e implementar unha estratexia para a xestión responsable e sostible do turismo na contorna transfronteiriza Pontevedra-Viana do Castelo, así como poñer en valor a súa biodiversidade e os seus valores ambientais e integrar actores de interese.
  • Mellorar o coñecemento e aumentar a concienciación sobre a importancia de conservar a biodiversidade costeira do espazo transfronteirizo a través de ferramentas turísticas innovadoras e sostibles, sensibilizando a sociedade sobre as ameazas da presión turística e das EEI.

En canto ás principais actividades que contempla o proxecto, estas son:

  • Realizar un diagnóstico común aos territorios, cos hábitats e coas especies identificadas, para elaborar unha metodoloxía estandarizada de cara á implementación de medidas de conservación, así como para deseñar unha estratexia de turismo sostible e levar a cabo un proceso de certificación a través dunha comisión de xestión de turismo sostible.
  • Protexer e mellorar a conservación das especies Charadrius alexandrinus, Haematopus ostralegus, Numenius arquata e Platalea leucorodia e os seus hábitats asociados dentro e fóra de espazos da Rede Natura 2000; reducir a presenza de invasoras coma Carpobrotus edulis, Cortaderia selloana e do xénero Acacia; e conciliar a conservación da biodiversidade coa viabilidade económica do manexo turístico sostible en Pontevedra e Viana do Castelo mediante as estratexias deseñadas previamente.
  • Realizar o seguimento e a avaliación do impacto das medidas de conservación implementadas, realizar o seguimento e avaliación do modelo aplicado de xestión de turismo responsable e sostible, do selo ambiental e da bandeira responsable e sostible no sector turístico costeiro de Rede Natura 2000 dos territorios obxecto do proxecto, e elaborar unha planificación de actuacións necesarias para darlle continuidade ao proxecto.
  • Coordinar a planificación e a xestión do proxecto de maneira exitosa a nivel administrativo, técnico e financeiro para asegurar o seu adecuado desenvolvemento e xustificación.
  • Difundir de maneira activa e estratéxica as distintas accións do proxecto “BIOCOSTEIRO” e os resultados obtidos.

Datos do proxecto


CONVOCATORIA/PROGRAMA

3.ª convocatoria do Programa de Cooperación Interreg VI A España-Portugal (POCTEP) 2021-2027

SOCIOS

FINANCIACIÓN

75 % con fondos FEDER

ORZAMENTO

  • Total: 750.682,72 €
  • Deputación de Pontevedra: 363.700,88 €
  • SEO BirdLife: 256.146,84 €
  • Concello de Viana do Castelo: 130.835,00 €