Preguntas frecuentes
Pagamento de recibos
Como podo obter o meu recibo se non chegou ao meu domicilio?
Dispón de diversas formas de obter o seu recibo:
- Electronicamente, a través da Oficina Virtual Tributaria: https://ovt.depo.gal
- No Centro de Atención Telefónica do ORAL, no teléfono 886 211 400, facilitando os datos da persoa titular do recibo e identificando o obxecto tributario (o enderezo da vivenda, a referencia catastral, a matrícula do vehículo etc.). Horario: de luns a venres, de 9 a 14 horas
- Presencialmente, en calquera das oficinas do ORAL. Consulte a relación de oficinas
Máis información en OVT: Obter documento de pago
De que forma podo pagar o meu recibo? É posible pagar con tarxeta por teléfono ou no ORAL?
Pódese pagar con tarxeta de crédito ou débito a través da Oficina Virtual Tributaria (https://ovt.depo.gal) ou realizar o pagamento en calquera das entidades bancarias colaboradoras.
Máis información en OVT: Pagar os meus recibos
Non me vén ben pagar o meu recibo agora, podo fraccionar o pagamento? Como?
Si, pode solicitar o fraccionamento ou o aprazamento do seu recibo sempre e cando se cumpran as seguintes condicións:
- O importe do principal da débeda ten que ser superior a 100 euros
- Se houbo un incumprimento dun fraccionamento ou aprazamento con anterioridade, teñen que pasar polo menos dous anos para solicitar un novo
Pode realizar este trámite de distintas formas e, en todas elas, deberá achegar un certificado IBAN que acredite a titularidade da conta bancaria:
- Electronicamente, a través da Oficina Virtual Tributaria: https://ovt.depo.gal
- Presencialmente, en calquera das oficinas do ORAL. Consulte a relación de oficinas
- Outras, presentando a Solicitude de fraccionamento/aprazamento así como a documentación requirida, en calquera dos rexistros descritos no artigo 16.4.a) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas
Máis información en OVT: Presentar solicitudes, recursos e documentación
En cantos prazos me fraccionarán o pagamento?
Os criterios para determinar o número máximo de prazos, en relación á contía do principal da débeda, serán os seguintes:
- Débedas de principal menor ou igual a 600 euros: fraccionaranse por un período de 6 meses
- Débedas de principal maior de 600 euros e inferior ou igual a 2.400 euros: 10 meses
- Débedas de principal maior de 2.400 euros e inferior ou igual a 6.000 euros: 15 meses
- Débedas de principal maior de 6.000 euros e inferior ou igual a 18.000 euros: 18 meses
- Débedas de principal maior de 18.000 euros e inferior ou igual a 36.000 euros: 20 meses
- Débedas de principal maior de 36.000 euros e inferior ou igual a 60.000 euros: 24 meses
- Débedas de principal maior de 60.000 euros: 36 meses
Incumprín o pagamento dunha mensualidade do meu fraccionamento. Como podo pagala agora?
Pode solicitar a carta de pagamento dunha das seguintes formas:
- No Centro de Atención Telefónica do ORAL, no teléfono 886 211 400. Horario: de luns a venres, de 9 a 14 horas
- Presencialmente, en calquera das oficinas do ORAL. Consulte a relación de oficinas
Esta carta de pagamento terá validez limitada e, unha vez efectuado o pagamento, o plan de fraccionamento seguirá o seu curso cos cargos en conta establecidos nos meses restantes, tendo en conta que, se a situación anterior sucede en dous prazos, darase por incumprido o fraccionamento.
É posible cambiar a miña conta bancaria no medio dun fraccionamento?
Si, para iso deberá presentar unha Solicitude xeral, xunto co novo certificado IBAN que acredite a titularidade da conta bancaria (e a autorización do suxeito pasivo, sempre que non sexa a persoa titular da conta). No impreso deberá indicar claramente o cambio de conta solicitado e facer referencia ao expediente do fraccionamento en curso. Poderá realizar este trámite das seguintes formas:
- Electronicamente, a través da Oficina Virtual Tributaria: https://ovt.depo.gal
- Presencialmente, en calquera das oficinas do ORAL. Consulte a relación de oficinas
- Outras, presentando a Solicitude xeral, así como a documentación requirida, en calquera dos rexistros descritos no artigo 16.4.a) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas
Máis información en OVT: Presentar solicitudes, recursos e documentación
É posible anular un fraccionamento en curso?
Si, para iso deberá presentar unha Solicitude xeral (e a autorización do suxeito pasivo, sempre que non sexa a persoa titular da conta), indicando claramente a anulación solicitada e facendo referencia ao expediente do fraccionamento en curso. Poderá realizar este trámite das seguintes formas:
- Electronicamente, a través da Oficina Virtual Tributaria: https://ovt.depo.gal
- Presencialmente, en calquera das oficinas do ORAL. Consulte a relación de oficinas
- Outras, presentando a Solicitude xeral, así como a documentación requirida, en calquera dos rexistros descritos no artigo 16.4.a) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas
Máis información en OVT: Presentar solicitudes, recursos e documentación
Non atopo o meu recibo pagado e necesito un xustificante. Como o podo obter?
Dispón de diversas formas de obter o seu xustificante de pagamento:
- Electronicamente, a través da Oficina Virtual Tributaria: https://ovt.depo.gal
- Presencialmente, en calquera das oficinas do ORAL. Consulte a relación de oficinas. É necesario que acredite a súa identidade mediante NIF, NIE ou pasaporte español en vigor. De non ser a persoa titular do recibo, necesitará a autorización desta
- Presentando unha solicitude en calquera dos rexistros descritos no artigo 16.4.a) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas
Se o recibo estaba domiciliado terán que pasar 60 días despois do cargo en conta para poder obtelo. Antes desa data é o banco o que lle pode estender o duplicado do cargo en conta.
Máis información en OVT: Recibos pagos
Non me chegou o recibo ao meu domicilio, e agora está con recarga. Teño que pagar a recarga? Por que?
Os recibos de cobranza periódica non requiren de notificación individual. Con todo, o ORAL remite os recibos por correo postal ordinario ao domicilio das persoas contribuíntes que non teñen obriga de relacionarse electronicamente coa Administración e non se adheriron ao sistema de notificacións electrónicas.
En canto ás persoas contribuíntes que si teñen obriga ou están adheridas ao sistema de notificacións electrónicas, o ORAL envíalles un aviso ao correo electrónico da súa dispoñibilidade na Oficina Virtual Tributaria.
Así mesmo, lembrámoslle que coa domiciliación do pagamento dos seus tributos evitaría o pagamento fóra de prazo e, polo tanto, as recargas.
Que facer en caso de pagamento duplicado ou pagamento en exceso?
Poderá presentar unha solicitude de devolución de ingresos indebidos, xunto cos xustificantes de pagamento correspondentes e o certificado IBAN que acredite a titularidade da conta bancaria onde se devolverá o importe estimado, que deberá coincidir coa persoa titular do recibo:
- Electronicamente, a través da Oficina Virtual Tributaria: https://ovt.depo.gal
- Presencialmente, en calquera das oficinas do ORAL. Consulte a relación de oficinas. É necesario que acredite a súa identidade mediante NIF, NIE ou pasaporte español en vigor. De non ser a persoa titular do recibo, necesitaría autorización desta
- Presentando unha solicitude en calquera dos rexistros descritos no artigo 16.4.a) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas
Máis información en OVT: Presentar solicitudes, recursos e documentación
A miña nai/Meu pai faleceu e necesito os xustificantes de pagamento dos seus recibos para xestionar a súa herdanza. Como podo conseguilos?
Como, neste caso, o suxeito pasivo faleceu, deberá solicitar os duplicados dos seus recibos acreditando o seu dereito lexítimo en relación aos obxectos tributarios interesados:
- Electronicamente, a través da Oficina Virtual Tributaria: https://ovt.depo.gal
- Presencialmente, en calquera das oficinas do ORAL. Consulte a relación de oficinas. É necesario que acredite a súa identidade mediante NIF, NIE ou pasaporte español en vigor. De non ser a persoa titular do recibo, necesitaría autorización desta
- Presentando unha solicitude en calquera dos rexistros descritos no artigo 16.4.a) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas
Máis información en OVT: Presentar solicitudes, recursos e documentación
Domiciliacións
Interésame domiciliar o pagamento dos meus recibos. Como podo facelo?
Dispón de diversas formas de domiciliar ou modificar a domiciliación do pagamento dos seus recibos:
- Electronicamente, a través da Oficina Virtual Tributaria: https://ovt.depo.gal
- Presencialmente, en calquera das oficinas do ORAL. Consulte a relación de oficinas
- Presentando unha solicitude en calquera dos rexistros descritos no artigo 16.4.a) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas
- Na súa propia entidade bancaria
Importante: para que a domiciliación produza efecto debe realizarse dous meses antes de que comece o período de cobranza voluntaria.
Máis información en OVT: Consultar e/ou cambiar as miñas domiciliacións
Domiciliei recentemente o pagamento dos meus tributos. A domiciliación produce efecto desde ese mesmo momento? Xa non teño que pagar ningún recibo por outra vía?
Para que produza efecto a domiciliación debe realizarse dous meses antes de que comece o período de cobranza voluntaria. Pode consultar no seu xustificante de domiciliación a partir de que data produce efecto. Se esta data é posterior, comezará a producir efecto na seguinte cobranza.
Necesito o detalle completo do meu recibo, xa que o documento do cargo do banco carece da totalidade dos datos. Como podo obtelo?
Dispón de diversas formas de obter o detalle do recibo domiciliado:
- Electronicamente, a través da Oficina Virtual Tributaria: https://ovt.depo.gal
- No Centro de Atención Telefónica do ORAL, no teléfono 886 211 400, facilitando os datos da persoa titular do recibo e identificando o obxecto tributario (o enderezo da vivenda, a referencia catastral, a matrícula do vehículo etc.). Horario: de luns a venres, de 9 a 14 horas
- Presencialmente, en calquera das oficinas do ORAL. Consulte a relación de oficinas
Máis información en OVT: Consultar detalle do recibo cargado na miña conta
Teño o recibo domiciliado e non me chegou o xustificante do pagamento. Como podo obtelo?
Dispón de diversas formas de solicitar o seu xustificante de pagamento, sempre e cando pasasen 60 días despois do cargo en conta:
- Electronicamente, a través da Oficina Virtual Tributaria: https://ovt.depo.gal
- Presencialmente, en calquera das oficinas do ORAL. Consulte a relación de oficinas. EÉ necesario que acredite a súa identidade mediante NIF, NIE ou pasaporte español en vigor. De non ser a persoa titular do recibo, necesitaría autorización desta
- Presentando unha solicitude en calquera dos rexistros descritos no artigo 16.4.a) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas
Antes desta data é o banco o que lle pode estender o duplicado do cargo en conta.
Máis información en OVT: Recibos pagos
É posible domiciliar un recibo ao meu nome nunha conta bancaria que non é da miña titularidade?
Si, pode domiciliar o recibo na conta que se desexe, aínda que a persoa titular do recibo e a da conta sexan diferentes, a condición de que a persoa titular da conta estea de acordo e o acredite coa súa sinatura autorizada.
Se o recibo é titularidade dunha persoa falecida, podo domiciliar o seu pagamento na miña conta bancaria?
Se é vostede herdeira ou herdeiro do obxecto tributario deberá declarar a transmisión da titularidade achegando a escritura pública que acredite a súa adquisición.
Unha vez que os obxectos tributarios consten tributariamente ao seu nome, poderá domiciliar os seus recibos.
O meu banco devolveu un recibo que estaba domiciliado. Que teño que facer para pagalo?
Dispón de diversas formas para obter o seu recibo:
- Electronicamente, a través da Oficina Virtual Tributaria: https://ovt.depo.gal
- No Centro de Atención Telefónica do ORAL, no teléfono 886 211 400, facilitando os datos da persoa titular do recibo e identificando o obxecto tributario (o enderezo da vivenda, a referencia catastral, a matrícula do vehículo etc.). Horario: de luns a venres, de 9 a 14 horas
- Presencialmente, en calquera das oficinas do ORAL. Consulte a relación de oficinas
Máis información en OVT: Obter documento de pagamento
Como podo solicitar un plan de pagamento personalizado?
Pode solicitar un plan de pagamento personalizado a condición de que sexa antes do 31 de xaneiro para ese exercicio e os seguintes:
- Electronicamente, a través da Oficina Virtual Tributaria: https://ovt.depo.gal
- Presencialmente, en calquera das oficinas do ORAL. Consulte a relación de oficinas
- Presentando unha solicitude en calquera dos rexistros descritos no artigo 16.4.a) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas
Máis información en OVT: Presentar solicitudes, recursos e documentación
Domicilio e notificacións
Quero que me cheguen os recibos ao meu novo domicilio. Como podo comunicalo ao ORAL?
Pode comunicar o seu domicilio das seguintes formas:
- Electronicamente, a través da Oficina Virtual Tributaria: https://ovt.depo.gal
- Presencialmente, en calquera das oficinas do ORAL. Consulte arelación de oficinas
- Presentando unha solicitude en calquera dos rexistros descritos no artigo 16.4.a) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas
Máis información en OVT: Os meus datos
É obrigatorio comunicar o domicilio fiscal e o cambio deste?
O domicilio fiscal, así como o cambio deste, debe ser comunicado ao ORAL, tal como establece o art. 48.3 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.
Teño un aviso de Correos para recoller unha notificación do ORAL e pasóuseme o prazo. Como podo pescudar de que se trata? Enviaranmo de novo?
O documento enviado por correo adoita estar relacionado coa notificación dunha débeda pendente, dun requirimento de documentación ou da resolución dunha declaración, solicitude ou recurso.
Pode consultar a súa situación tributaria das seguintes formas:
- Electronicamente, a través da Oficina Virtual Tributaria: https://ovt.depo.gal
- No Centro de Atención Telefónica do ORAL, no teléfono 886 211 400, facilitando os datos da persoa titular do recibo e identificando o obxecto tributario (o enderezo da vivenda, a referencia catastral, a matrícula do vehículo etc.). Horario: de luns a venres, de 9 a 14 horas
- Presencialmente, en calquera das oficinas do ORAL. Consulte a relación de oficinas
Se non recolleu o aviso de Correos, a notificación realizarase mediante o Boletín Oficial del Estado.
O procedemento de notificación neste caso sería: Correos deixa o aviso cando xa tentou a notificación en dúas ocasións. Se a persoa contribuínte non recolle a notificación na Oficina de Correos, citarase a persoa obrigada, ou o seu representante, por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial do Estado para que compareza no prazo de 15 días naturais co obxecto de que se lle realice a notificación. Transcorrido este prazo sen comparecer, a notificación entenderase producida para todos os efectos legais o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado.
Máis información en OVT: Consultar as miñas notificacións
Embargos
Se me embargan un saldo dunha conta bancaria, podo dispoñer do diñeiro que teño nela ou se bloquea toda a conta?
Unicamente se bloquea o importe correspondente á débeda tributaria reflectida na dilixencia de embargo, quedando o resto do diñeiro da conta á disposición do seu titular. Este bloqueo do importe que figura na dilixencia de embargo mantense durante 20 días naturais, que é o prazo durante o cal se pode levantar o embargo se houbese lugar a iso por ser este improcedente.
Recibín unha notificación de embargo a unha conta dun familiar. É iso posible?
Si, un embargo de contas pódese facer en calquera conta na que vostede conste como titular, independentemente do número de titulares desta.
Ademais, se resulta ser a conta do seu cónxuxe e dispoñen de réxime de gananciais, pódeselle embargar aínda que vostede non figure como titular da conta.
Quero modificar a conta bancaria onde me fixeron o embargo, xa que non son propietaria ou propietario do diñeiro desa conta. Que teño que facer?
Non é posible modificar a conta bancaria onde se fixo a retención dun embargo, xa que se fai aleatoriamente en calquera conta na que vostede conste como titular. Con todo, chame ao Centro de Atención Telefónica do ORAL, no teléfono 886 211 400, ou acuda ás nosas oficinas físicas, xa que, antes de que se faga efectivo o embargo, podemos darlle ou enviarlle por correo-e un documento de pagamento polo total da débeda e levantarase a traba do embargo.
Recursos
Non estou conforme coa liquidación recibida e quero presentar un recurso ante o ORAL. Que debe conter?
O escrito debe estar asinado por vostede ou, no seu caso, pola persoa representante (acreditando tal representación), facendo constar os seguintes extremos:
- Nome e NIF da persoa recorrente e, no seu caso, da persoa representante
- Órgano ante o que se formula o recurso
- Acto que se recorre, a data na que se ditou, o núm. de expediente e demais datos que considere
- Domicilio que sinale a efectos de notificación
- Lugar e data de interposición
- Alegacións
- Documentos que sirvan de base á súa pretensión e que non estean en poder da Administración recorrida, nese caso bastará coa súa identificación
Onde teño que presentar un recurso dirixido ao ORAL?
Pode presentar recurso de reposición das seguintes formas:
- Electronicamente, a través da Oficina Virtual Tributaria: https://ovt.depo.gal
- Presencialmente, en calquera das oficinas do ORAL. Consulte a relación de oficinas
- Presentando unha solicitude en calquera dos rexistros descritos no artigo 16.4.a) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas
Máis información en OVT: Presentar solicitudes, recursos e documentación
Que prazo teño para interpoñer o recurso de reposición?
O recurso de reposición interpoñerase dentro do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da notificación expresa do acto do cal se solicita a revisión.
Xa presentei o recurso. Non teño que pagar ata que se resolva?
De acordo coa Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, a presentación dunha reclamación ou recurso non suspende o procedemento de recadación nin a obriga do pagamento, salvo que solicite a suspensión do procedemento e achegue garantía que cubra a totalidade da débeda nos termos que se recollen nos artigos 224 LXT e 25 RD 520/2005.
Trámites electrónicos - Notificación electrónica
Podo consultar a miña información tributaria de forma electrónica?
Por suposto. Pode consultar a súa información tributaria a través da Oficina Virtual Tributaria (https://ovt.depo.gal) no apartado A miña situación tributaria. Para acceder a esta información é preciso que se identifique dixitalmente dalgunha das formas admitidas polo ORAL.
Que formas de identificación dixital admite o ORAL para acceder á súa sede electrónica?
Pode identificarse dixitalmente e acceder a todo o contido da Oficina Virtual Tributaria (https://ovt.depo.gal) autenticándose con certificado dixital, DNI electrónico ou mediante o sistema Cl@ve.
Máis información en Conseguir un certificado.
Represento a unha empresa. Como podo realizar trámites a través da Oficina Virtual Tributaria?
Se accede cun sistema de identificación de representante de empresa, accederá a toda a información que o ORAL dispón da empresa; polo tanto, poderá realizar calquera trámite como presentar solicitudes, consultar e pagar recibos pendentes, acceder ás notificacións e comunicacións electrónicas etc.
As persoas físicas, xurídicas e entidades sen personalidade xurídica tamén poden outorgar apoderamento a favor dunha persoa física ou xurídica que posúa certificado electrónico para a recepción electrónica de comunicacións e notificacións do ORAL. Será necesaria a aceptación da persoa apoderada, e o outorgamento non producirá efecto mentres non conste esta aceptación. A persoa outorgante debe ser obrigada ou estar adherida á notificación electrónica.
Máis información en OVT: Presentar solicitudes, recursos e documentación
A miña relación co ORAL é tanto a nivel particular coma en calidade de representante legal da miña empresa. Estou obrigada ou obrigado á notificación electrónica?
A nivel particular, como persoa física, non está obrigada ou obrigado. Poderá elixir como relacionarse co ORAL.
Con todo, en calidade de representante da súa empresa, si ten a obriga de relacionarse de forma electrónica, xa que as persoas xurídicas están obrigadas á notificación electrónica. Deberá levar a cabo esta relación a través da Oficina Virtual Tributaria (https://ovt.depo.gal), e para iso será necesario que a súa empresa dispoña dunha identificación dixital válida. Máis información no art. 14 da Lei 39/2015.
Prefiro que o ORAL me envíe as notificacións de forma electrónica, xa que non quero recibir máis papel no meu domicilio. Que teño que facer?
Como particular (persoa física), vostede pode elixir en todo momento como recibir as notificacións, se en papel ou electronicamente.
Se desexa recibir as súas notificacións de forma electrónica ten que presentar unha Solicitude de relación electrónica co ORAL:
- Electronicamente, a través da Oficina Virtual Tributaria: https://ovt.depo.gal
- Presencialmente, en calquera das oficinas do ORAL. Consulte a relación de oficinas
Coa finalidade de que lle avisemos cando teña unha notificación ou comunicación electrónica do ORAL, pode facilitarnos un enderezo de correo electrónico e/ou un número de teléfono móbil. Pode modificar estes datos posteriormente a través da Oficina Virtual Tributaria, no apartado Os meus datos..
Chegoume un correo electrónico do ORAL con aviso de notificación dispoñible na sede electrónica. Que sucede se non accedo á súa consulta?
Cando a notificación por medios electrónicos sexa de carácter obrigatorio, ou fose expresamente elixida pola persoa interesada, entenderase rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.
No caso de non obriga nin petición expresa de relación electrónica co ORAL, a falta da súa práctica non terá efectos.
A miña empresa está obrigada á notificación electrónica. Como podo comunicar o enderezo de correo electrónico no que quero que me avisen de notificacións pendentes?
A persoa representante ou apoderada da empresa poderá, en calquera momento, comunicar ou modificar o seu correo electrónico e/ou número de teléfono a través da Oficina Virtual Tributaria (https://ovt.depo.gal), no apartado Os meus datos, marcando o seu correspondente recadro de autorización.
Imposto sobre bens inmobles (IBI)
Como podo saber se a vivenda que vou comprar está ao corrente no pagamento do IBI?
Antes de formalizar a escritura a notaria ou notario advirte expresamente as persoas comparecentes da existencia ou non de débedas pendentes no IBI.
Un convenio asinado entre o Colexio Notarial e o ORAL permítelles ás ou aos notarios consultar esta información de forma electrónica.
Vendín/comprei unha vivenda; que teño que facer para cambiar a titularidade no IBI?
A persoa adquirinte pode solicitar o cambio de titularidade no IBI preferiblemente a través da Sede electrónica do Catastro, no asistente para declaracións catastrais de alteracións de bens inmobles.
Tamén poderá presentar o impreso 900D debidamente cuberto e asinado, xunto co documento público que acredite a titularidade, das seguintes formas:
- Electronicamente, a través da Oficina Virtual Tributaria: https://ovt.depo.gal
- Presencialmente, en calquera das oficinas do ORAL (consulte a lista de oficinas)
- En calquera dos rexistros descritos no artigo 16.4.a) da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas
Doutra banda, a ou o vendedor pode notificar a baixa de titularidade directamente na Xerencia Territorial do Catastro, presentando o modelo de baixa catastral.
Máis información na Oficina Virtual Tributaria, no enlace "Presentar solicitudes, recursos e documentación".
E se desexo modificar a titularidade dun inmoble de natureza rústica?
No ORAL poderemos darlle asesoramento, pero non se tramitarán os cambios de titularidade de bens inmobles de natureza rústica. Para ese trámite debe dirixirse á Xerencia Territorial de Catastro.
Vendín un inmoble este ano e chegoume o recibo de IBI, correspóndeme o pagamento?
O IBI devéngase o 1 de xaneiro de cada exercicio, polo que o pagamento correspóndelle á persoa propietaria nesa data. É dicir, se se vendeu un inmoble no transcurso do ano correspóndelle á persoa vendedora o pagamento do recibo dese ano, sen que proceda rateo ningún. Todo iso sen prexuízo do establecido polo Tribunal Supremo na sentenza do 15 xuño de 2016, na que se considera que, salvo pacto en contrario, a persoa vendedora poderá repercutir no adquirinte a parte proporcional do IBI correspondente ao período en que sexa propietario ou propietaria.
Que debo facer se o recibo ou a liquidación conteñen datos incorrectos do inmoble?
Se non está de acordo cos datos relativos ao domicilio tributario (situación, vía pública, número de policía…) ou coas superficies construídas ou da terreo que figuran no recibo, deberá dirixirse á Xerencia Territorial do Catastro, organismo competente para o mantemento da información catastral.
Podería obter algún beneficio fiscal no IBI por ter familia numerosa?
Depende de se o seu Concello aprobou este beneficio fiscal. Pode comprobalo consultando a ordenanza fiscal do IBI do municipio onde figure o seu inmoble; nela inclúense os requisitos e a porcentaxe do beneficio.
Pódenme reclamar recibos de IBI pendentes correspondentes a exercicios anteriores á compra da miña vivenda?
Si, previa declaración de insolvencia da persoa debedora principal e das posibles persoas responsables solidarias pódeselle esixir á nova persoa propietaria dun inmoble o pagamento da débeda tributaria de IBI de exercicios non prescritos anteriores á compra.
Por este motivo, antes de formalizar a escritura a notaria ou notario advírtelles expresamente ás persoas comparecentes da existencia ou non de débedas pendentes no IBI.
Recibín unha liquidación de IBI correspondente aos catro últimos anos e xa paguei no seu día os recibos anuais correspondentes aos mesmos exercicios, cal é o motivo?
As liquidacións de atrasos no IBI practícanse no caso de alteracións catastrais que afecten o valor catastral (procedemento de regularización catastral, corrección de erros, alteracións de orde física: obra nova, segregación, agrupación etc.)
Estas liquidacións calcúlanse compensando as cantidades pagadas con anterioridade polo mesmo suxeito pasivo. Se a liquidación que recibiu non incorpora a compensación de cotas pagas deberá dirixirse a calquera das oficinas do ORAL para solicitar a oportuna compensación ou, no seu caso, devolución de ingresos indebidos.
Necesito a referencia catastral da miña vivenda, como podo saber cal é?
A referencia catastral figura en todos os documentos con transcendencia tributaria vinculados ao inmoble. Polo tanto, pode atopala no recibo do IBI, aínda que corresponda a anos anteriores. Se fraccionou ou aprazou os seus recibos do IBI ou simplemente non dispón de ningún para comprobalo:
- Pode comprobar se figura na copia simple da súa escritura
- Pode consultar como obter o seu recibo na pregunta: "Non atopo o meu recibo de pagamento e necesito un xustificante, como o podo obter?". Tamén pode comprobar o valor catastral do ben inmoble no propio recibo ou xustificante.
Podo obter unha relación de bens inmobles no ORAL?
Si, pode obtela das seguintes formas:
- Electronicamente, a través da Oficina Virtual Tributaria: https://ovt.depo.gal
- Presencialmente, en calquera das oficinas do ORAL (consulte a relación de oficinas)
- Presentando unha solicitude en calquera dos rexistros descritos no artigo 16.4.a) da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas
- Na sede electrónica do Catastro
Máis información na Oficina Virtual Tributaria, nos enlaces "Presentar solicitudes, recursos e documentación" e "Consultar os meus bens e taxas".
É posible dividir a cota do IBI entre as distintas persoas propietarias do inmoble?
Cando un ben inmoble ou dereito sobre este pertenza a dúas ou máis persoas titulares, calquera delas poderá solicitar a división da cota tributaria. É indispensable achegar os datos persoais e os domicilios do resto das persoas obrigadas ao pago, así como os documentos públicos que acrediten a proporción en que cada unha participa no dominio ou dereito sobre o inmoble.
Todas as divisións de obxecto tributario terán efectos no exercicio seguinte ao da solicitude.
Non se dividirá a cota tributaria nos seguintes casos:
- Cando a cota resultante da división sexa inferior á declarada exenta pola ordenanza municipal. No caso de inexistencia dunha cota inferior na ordenanza municipal aplicarase o artigo 17 da Ordenanza fiscal xeral do ORAL
- Cando a persoa interesada non achegue os datos completos de todas as persoas cotitulares (artigo 35.7 da Lei 58/2003, xeral tributaria). Neste caso requirirase a información necesaria con anterioridade á desestimación
- Cando a persoa interesada non achegue a domiciliación da súa cota resultante (artigo 17 da Ordenanza fiscal xeral do ORAL). Neste caso requirirase a información necesaria con anterioridade á desestimación
- Se existen outros tipos de dereitos de propiedade sobre o inmoble, ademais de usufrutos, correspondéndolle a cota ás persoas usufrutuarias (consulta vinculante V0399-16, de 1 de febreiro de 2016)
- Liquidacións de atrasos (agás nos casos en que esas liquidacións deriven de declaracións catastrais presentadas en prazo e resoltas posteriormente), que non darán lugar, en ningún caso, a dereitos de devolución
- Nos supostos de réxime económico matrimonial de sociedade gananciais
Imposto sobre actividades económicas (IAE)
Quen xestiona as declaracións de alta, baixa ou variación no IAE?
É Facenda a encargada da xestión censual do imposto, é dicir, da xestión das altas, baixas e modificacións que se produzan no censo de contribuíntes. Así pois, todas as actuacións neste sentido se teñen que levar a cabo ante a AEAT (Axencia Estatal de Administración Tributaria https://www.agenciatributaria.es/).
O ORAL da Deputación de Pontevedra elabora a lista cobratoria cos datos facilitados por Facenda para a cobranza dos correspondentes recibos e realiza a xestión tributaria co recoñecemento dalgúns beneficios fiscais.
De que beneficios fiscais podo gozar?
As exencións, reguladas no artigo 82 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de facendas locais, poden ser:
- De oficio:
- As persoas físicas
- Os suxeitos pasivos que inicien a súa actividade en territorio español durante os dous primeiros períodos impositivos de desenvolvemento desta
- As entidades cuxo importe neto da cifra de negocios sexa inferior a 1.000.000 de euros
- Rogadas, é dicir, con solicitude de parte:
- As fundacións declaradas benéficas ou de utilidade pública e os establecementos de ensino en todos os seus graos en réxime de concerto educativo
- As asociacións de persoas con diversidade funcional física, psíquica e sensorial, polas actividades de carácter pedagóxico, científico, asistencial e de emprego que realicen para o ensino, educación, rehabilitación e tutela das persoas con diversidade funcional
Os concellos poderán aprobar nas súas ordenanzas fiscais unha serie de bonificacións, previstas no artigo 88.2 do Texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais. Para máis información consulte as ordenanzas fiscais do seu municipio.
Como se calcula o recibo do IAE?
A cota de tarifa obtense por aplicación das tarifas do imposto, aprobadas xunto coa súa Instrución no Real decreto lexislativo 1175/1990, de 28 de setembro. A cota da tarifa adoita constar de dous conceptos:
- A cota de actividade, segundo o epígrafe de que se trate, que pode ser fixa ou polo número de elementos
- A cota de superficie, que se obtén en función da superficie dos locais en que se realiza a actividade
A continuación calcúlase a cota municipal e a recarga provincial:
A cota municipal obtense aplicando sobre a cota de tarifa o coeficiente de ponderación regulado no artigo 86 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, calculado en función do importe neto da cifra de negocios do suxeito pasivo, e que se determina de acordo coa información do seguinte cadro:
IMPORTE NETO DA CIFRA DE NEGOCIO (EUROS) | COEFICIENTE |
---|---|
Desde 1.000.000,00 ata 5.000.000,00 | 1,29 |
Desde 5.000.000,00 ata 10.000.000,00 | 1,30 |
Desde 10.000.000,00 ata 50.000.000,00 | 1,32 |
Desde 50.000.000,00 ata 100.000.000,00 | <1,33 |
Máis de 100.000.000,00 | 1,35 |
Sen cifra neta de negocio | 1,31 |
Logo de aplicar o coeficiente de ponderación, sobre a cota resultante aplicarase o coeficiente de situación, establecido, no seu caso, polo concello.
A recarga provincial é do 30 % no caso da provincia de Pontevedra e aplícase sobre a cota de tarifa incrementada por aplicación do coeficiente de ponderación anteriormente indicado.
Por último, aplícanse as bonificacións que correspondan (obrigatorias e potestativas) sobre a cota municipal e/ou sobre a recarga provincial.
A débeda para satisfacer é o resultado da suma da cota municipal e a recarga provincial correspondentes.
Imposto sobre vehículos de tracción mecánica (IVTM)
Vou vender o meu vehículo, que debo facer?
Se vai entregar o seu vehículo a unha casa de compravenda para a súa posterior transmisión, deberá, no prazo de 10 días desde a entrega, solicitar a baixa temporal deste na Xefatura Provincial de Tráfico.
Se a venda ten lugar entre particulares a parte vendedora e a compradora poden dirixir conxuntamente as súas solicitudes á Xefatura de Tráfico para comunicar a transmisión. Se non é así, a parte vendedora debe notificarlle a transmisión do vehículo á Xefatura de Tráfico no prazo de 10 días desde que se produza.
Teña en conta que se non presenta a transmisión en Tráfico antes do 31 de decembro o recibo do imposto sobre vehículos de tracción mecánica do ano seguinte emitirase de novo a nome da persoa vendedora.
Se vendín o meu vehículo este ano, correspóndeme o pago do IVTM? Teño que pagar todo o recibo ou a parte proporcional?
O imposto sobre vehículos devéngase o 1 de xaneiro de cada ano, polo que o pago correspóndelle á persoa propietaria nesa data. É dicir, se vendeu un vehículo no transcurso do ano, á persoa vendedora correspóndelle o pago do recibo dese ano, sen que proceda rateo ningún.
Se din de baixa o meu vehículo, correspóndeme o pago do IVTM? E, se xa o paguei, teño dereito á devolución de, polo menos, unha parte?
No caso de baixa definitiva do vehículo o importe da cota do imposto ratearase por trimestres naturais, p0lo tanto corresponderíalle o pago da parte proporcional aos trimestres do ano en que o vehículo estivese de alta en Tráfico.
Se a baixa definitiva do vehículo en Tráfico ten lugar antes de finalizar o período de pago voluntario do IVTM non é necesario que pague o recibo, xa que pode solicitar unha nova liquidación rateada en calquera oficina do ORAL.
Unha vez finalizado o período de pago voluntario, tería que pagar o recibo de IVTM e solicitar no ORAL a devolución da parte proporcional aos trimestres que corresponda.
Soamente as baixas definitivas e as temporais por roubo ou subtracción permiten o rateo da cota; o resto de baixas temporais non o permiten.
Se levo o meu vehículo ao despezamento, teño que solicitar a baixa definitiva en Tráfico?
Se entrega o seu vehículo nun Centro Autorizado de Tratamento de Vehículos (CATV) ou nunha instalación de recepción (pode consultar en www.dgt.es a relación de centros de recollida autorizados) non é necesario solicitar a baixa en Tráfico. Nestes centros emitiráselle un Certificado de destrución que acreditará suficientemente a baixa do seu vehículo.
Son unha persoa con diversidade funcional; correspóndeme a exención no pago do imposto sobre vehículo de tracción mecánica dos vehículos que figuran ao meu nome?
Poderán obter a exención no IVTM dun único vehículo (ou de uso exclusivo da persoa con diversidade funcional), se o solicitan:
- As persoas ás que se lles recoñeceu un grao de diversidade funcional igual ou superior ao 33 %
- Pensionistas da Seguridade Social que teñan recoñecida unha pensión de incapacidade permanente en grao de total, absoluta ou grande invalidez
- Pensionistas de clases pasivas que teñan recoñecida unha pensión de xubilación ou de retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade
Máis información na Oficina Virtual Tributaria, no enlace "Presentar solicitudes, recursos e documentación"
Teño un vehículo cunha antigüidade superior a 25 anos, teño que pagar o imposto?
En principio, si. O Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, establece a posibilidade de bonificar a cota do imposto daqueles vehículos históricos ou cunha antigüidade mínima de 25 anos, contados desde a súa data de fabricación ou primeira matriculación. En todo caso, para gozar do beneficio fiscal requírese a aprobación previa da correspondente bonificación na Ordenanza municipal, xa que ten carácter potestativo.
Agora vivo noutro municipio e chegoume o recibo de IVTM do municipio onde residía anteriormente; que podo facer para cambialo?
Se cambiou de domicilio ten un prazo de 15 días desde o devandito cambio para comunicarllo á Xefatura Provincial de Tráfico. Unha vez realizado o cambio, a Xefatura Provincial de Tráfico comunicarállelo a ambos os dous concellos (ao do domicilio antigo e ao do novo) ou ao ORAL se estes concellos efectuaron unha delegación de competencias.
Comprei un vehículo novo, que debo facer?
Debe solicitar a matriculación do vehículo na DXT. Para iso poderá acudir a calquera Xefatura Provincial de Tráfico. Consulte a páxina web da DXT (http://www.dgt.es) para coñecer a documentación para presentar.
Para o pagamento do IVTM pode dirixirse a calquera Oficina do ORAL, sempre que o concello en cuestión efectuase a delegación da xestión deste imposto. Estas novas altas ratéanse por trimestres naturais, de tal modo que vostede pagará desde o trimestre no que dea de alta o vehículo ata a finalización do ano en curso.
Este trámite pode realizarse directamente na Oficina Virtual Tributaria (https://ovt.depo.gal), no apartado "Pagar autoliquidación do imposto de vehículos (IVTM) para matricular un vehículo novo".
Comprei un vehículo, pero en Tráfico non podo realizar a transferencia porque lles figura pendente de pagamento o recibo de IVTM do ano anterior; que debo facer?
En efecto, Tráfico dispón de información actualizada sobre os recibos de IVTM pendentes de pagamento do ano anterior. Se Tráfico detecta que o vehículo do que se desexa efectuar a transferencia se atopa nesa circunstancia non a realizará mentres figure pendente.
Pode obter a carta de pagamento da débeda pendente:
- En calquera oficina do ORAL
- No centro de atención telefónica do ORAL, no teléfono 886 211 400
Imposto sobre o incremento do valor dos terreos de natureza urbana (IIVTNU)
Quero saber o importe aproximado do IIVTNU (plusvalía) porque vou vender un inmoble, como podo calculalo?
En primeiro lugar, deberá comprobar se o ORAL xestiona o IIVTNU no municipio onde estea situado o inmoble. Se é así, dispón na Oficina Virtual Tributaria da opción "Simulador de plusvalías (IIVTNU)", mediante a cal poderá simular o cálculo do importe que deberá pagar polo imposto. Con todo, os resultados que se obteñan teñen unicamente valor informativo.
Como podo presentar a prórroga no caso dunha declaración de liquidación de IIVTNU correspondente a unha transmisión mortis causa?
A solicitude de prórroga ha de presentarse dentro do período dos 6 meses seguintes ao falecemento. A súa concesión permitirá que o prazo de 6 meses para efectuar a declaración se estenda ata 1 ano desde o falecemento.
Na propia Declaración do imposto sobre o incremento do valor dos terreos de natureza urbana dispón da opción Solicitude de prórroga e, no seu reverso, a documentación necesaria para a súa presentación
Ao falecer miña nai/meu pai adquirín a nuda propiedade dun inmoble e a miña nai/meu pai correspóndelle o usufruto. A quen lle corresponde o pagamento do IIVTNU (plusvalía)? Cando faleza miña nai/meu pai terei que pagar pola extinción do usufruto?
Nas transmisións a título lucrativo é suxeito pasivo do imposto calquera persoa sobre a que constitúa ou transmita un dereito real; así serán suxeitos pasivos tanto a persoa con nuda propiedade como a usufrutuaria.
Doutra banda, a extinción do usufruto como consecuencia do falecemento da persoa usufrutuaria non está suxeita ao IIVTNU, polo tanto, a persoa con nuda propiedade non terá que tributar pola consolidación do pleno dominio.
Vou vender un inmoble do que son a única persoa propietaria, aínda que no seu día o adquirín xunto á miña esposa / meu esposo daquela. Desde que data tería que aboar o imposto?
Respecto da data de transmisión anterior, considere que o inmoble se adquiriu na data en que se produciu a anterior transmisión suxeita e non na data en que se produciu a adxudicación en cumprimento de sentenzas nos casos de nulidade, separación ou divorcio matrimonial ou por liquidación da sociedade de lucrativas, pois estas dúas últimas operacións non están suxeitas ao imposto.
Recibín unha liquidación de IIVTNU por un inmoble que vendín. Na escritura recóllese perfectamente que a persoa adquirinte se faría cargo deste imposto. Por que me liquidan a min, que son a persoa vendedora?
A liquidación é correcta. Nas transmisións a título oneroso onde a parte vendedora é unha persoa física residente en España, o suxeito pasivo é a persoa transmitinte, con independencia dos pactos entre particulares, aínda que estean recollidos en escritura.
Compreille a miña casa a unha persoa estranxeira e liquidáronme a min o IIVTNU; non estiven de acordo, xa que nas transmisións onerosas o suxeito pasivo é o transmitinte.
Nas transmisións a título oneroso nas que a parte vendedora sexa unha persoa física non residente en España, a persoa con obrigación tributaria no IIVTNU é a persoa adquirinte, como suxeito pasivo substituto da persoa contribuínte.
Vendín a miña casa despois de ser propietario ou propietaria durante máis de 20 anos, liquídase o IIVTNU (plusvalía)?
Si, pero liquídase polo período máximo que coincide cos 20 anos, é dicir, se foi propietario ou propietaria durante máis tempo só se liquidará por un período de 20 anos.
As ou os meus irmáns mais eu tiñamos unha comunidade de bens. Liquidámola recentemente e no acordo de disolución, de mutuo acordo, adxudiqueime a propiedade dun inmoble. Teño que pagar plusvalía por iso?
Tanto se se trata dunha extinción do condominio con orixe mortis causa coma dunha extinción do condominio con orixe inter vivos cun único inmoble de natureza indivisible trataríase dunha operación non suxeita ao imposto.
Tamén nos atopariamos ante un suposto de non suxeición se se tratase dunha extinción do condominio de varios inmobles urbanos adquiridos por inter vivos, realizada mediante a asignación proporcional a cada comuneiro ou comuneira pola súa cota de participación, sen que haxa excesos de adxudicación.
De que beneficios fiscais podo gozar no IIVTNU?
As ordenanzas fiscais poderán regular unha bonificación de ata o 95 % nas transmisións realizadas a título lucrativo por causa de morte a favor das persoas descendentes e adoptadas, cónxuxes e ascendentes e adoptantes; así como nas transmisións de terreos sobre os que se desenvolvan actividades económicas que sexan declaradas de especial interese ou utilidade municipal por concorrer circunstancias sociais, culturais, histórico-artísticas ou de fomento do emprego que xustifiquen tal declaración.
Tería que comprobar se o municipio ao que pertence o ben inmoble ten aprobadas estas bonificacións na súa Ordenanza fiscal.
Ten algunha relación o importe da liquidación do IIVTNU (plusvalía) co prezo de compravenda que consta na escritura?
Non, desde o momento en que na transmisión se produza un incremento de valor do terreo. Así, a cota do IIVTNU cuantifícase en función:
- Do valor catastral do terreo no momento do pagamento
- Dos anos nos que se puxo de manifesto o incremento de valor (desde a última transmisión suxeita ao imposto)
- Coeficientes e tipo de gravame que se aplican de acordo coa ordenanza fiscal aprobada polo concello correspondente
Que data é a que computa a efectos do pagamento do IIVTNU (plusvalía): a do falecemento ou a da adxudicación e aceptación de herdanza?
Nos supostos de herdanza a data de pagamento do imposto correspóndese coa data de falecemento da persoa causante, con independencia da data en que as persoas herdeiras formalicen o documento de adxudicación e aceptación de herdanza.
Que ocorre se vendo un ben inmoble de natureza urbana que cando o adquirín no ano X era de natureza rústica?
Para os efectos da liquidación do imposto terase en conta a natureza urbana do terreo no momento do pagamento e tomarase como título anterior a data de compra no ano X.
Taxas e prezos públicos
Se estou de aluguer, correspóndeme a min o pago das taxas de recollida de lixo, auga etc.?
Conforme establece o artigo 23 da Lei reguladora das facendas locais, nas taxas establecidas por razón de servizos ou actividades que beneficien ou afecten as persoas ocupantes de vivendas ou locais terán a condición de substitutos da persoa contribuínte as persoas propietarias destes inmobles, quen poderá repercutir, no seu caso, as cotas sobre as respectivas persoas beneficiarias.
Podo cambiar a persoa que figura como titular na taxa?
A persoa titular da taxa pola recollida do lixo, auga etc. será sempre a titular do ben e o recibo enviaráselle á persoa propietaria que figure no imposto sobre bens inmobles (IBI). Con todo, pódese realizar a domiciliación bancaria na conta doutra persoa, como un inquilino ou inquilina, se este ou esta así o autoriza.
Se adquirín un inmoble e xa realicei o cambio de titularidade no IBI, é preciso que solicite o cambio de titularidade nas taxas ou se efectúa automaticamente?
Debe presentar unha solicitude específica para o cambio de titularidade nas taxas que correspondan, xa que a modificación non se realiza automaticamente. Pode facer este trámite:
- Electronicamente, a través da Oficina Virtual Tributaria: https://ovt.depo.gal
- Presencialmente, en calquera das oficinas do ORAL (consulte a relación de oficinas)
- Presentando a declaración de alta, baixa ou cambio de titularidade na taxa, así como a documentación requirida, en calquera dos rexistros descritos no artigo 16.4 a) da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas
Máis información na Oficina Virtual Tributaria, no enlace "Presentar solicitudes, recursos e documentación".
O contedor está situado a 500 metros da miña vivenda, teño que pagar o recibo de recollida de lixo?
Para coñecer se o seu concello aprobou algunha redución da cota da taxa de recollida do lixo, así como os requisitos necesarios para a súa aplicación, pode consultar a súa ordenanza fiscal.
Teño que aboar a taxa de residuos dunha vivenda desocupada ou deshabitada temporalmente?
Si, debido a que constitúe o feito impoñible da taxa a prestación do servizo público de recollida de lixo procedente de vivendas e locais situados nas zonas en que se preste de forma efectiva e en beneficio non só das persoas directamente afectadas senón da seguridade e salubridade do municipio.
O servizo, por ser xeral e de recepción obrigatoria, entenderase utilizado polas persoas propietarias ou ocupantes de vivendas, locais ou establecementos cando se preste a través da recollida domiciliaria ou mediante contedores.
Multas
Necesito a carta de pagamento para aboar unha multa de tráfico. Como podo conseguila?
Dispón de diversas formas de obter a súa carta de pagamento:
- Electronicamente, a través da Oficina Virtual Tributaria: https://ovt.depo.gal
- No Centro de Atención Telefónica do ORAL, no teléfono 886 211 400, facilitando os datos da persoa titular do recibo e identificando o obxecto tributario (matrícula do vehículo, número de expediente, número de boletín etc…). Horario: de 9.00 a 14.00 horas de luns a venres
- Presencialmente, en calquera das oficinas do ORAL. Consulte a relación de oficinas
Máis información na OVT: "Obter documento de pagamento".>
Como podo presentar unha alegación a unha multa de tráfico? Que prazo teño para facelo?
No prazo de 20 días naturais desde a notificación da denuncia pode presentar un escrito asinado coas alegacións que considere, identificando a sanción, a persoa titular desta e os datos da persoa condutora:
- Electrónicamente, a través da Oficina Virtual Tributaria: https://ovt.depo.gal
- Presencialmente, en calquera das oficinas do ORAL (consulte a relación de oficinas)
- En calquera dos rexistros descritos no artigo 16.4.a) da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas
Máis información na Oficina Virtual Tributaria, no enlace "Presentar solicitudes, recursos e documentación".
Recibín unha multa, pero eu non son a persoa condutora, que debo facer?
Se vostede non é responsable da infracción ten o deber de comunicar os datos da persoa condutora, no prazo de 20 días naturais, contados desde a notificación da denuncia. Os datos facilitados deben incluír o número do permiso ou licenza de condución. Se a persoa condutora non figura inscrita no Rexistro de Condutores e Infractores, a persoa titular deberá dispoñer da copia da autorización administrativa que lle habilita para conducir en España. Se a persoa titular fose unha empresa de aluguer de vehículo, a copia da autorización administrativa poderá substituírse pola copia do contrato de arrendamento.
De incumprir esta obrigación sen causa xustificada ou de omitir datos que impidan a súa perfecta identificación, habéndoselle requirido para iso, iniciarase o procedemento sancionador contra a persoa titular do vehículo, que será considerada a autora dunha infracción moi grave e implicará unha multa do dobre da prevista para a infracción orixinaria se esta é leve, e do triplo se é grave ou moi grave.
Pode identificar a persoa condutora:
- Electronicamente, a través da Oficina Virtual Tributaria: https://ovt.depo.gal
- Presencialmente, en calquera das oficinas do ORAL (consulte a relación de oficinas)
- En calquera dos rexistros descritos no artigo 16.4 a) da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas
Máis información na Oficina Virtual Tributaria, no enlace "Recibín unha multa e quero identificar o condutor".
De canto tempo dispoño para pagar coa redución do 50 %? Este pago impediríame formular alegacións contra a denuncia?
É posible pagar a multa coa redución do 50 % durante os 20 días naturais seguintes á data de notificación da denuncia. Este pago con redución implica a renuncia para formular alegacións, e de facelas teranse por non presentadas.
Non teño coñecemento de que cometese unha infracción, pero chegoume unha multa. Teñen as e os axentes a obriga de deter o vehículo e notificar no acto a denuncia?
As e os axentes teñen a obriga de deter o vehículo e notificar no acto a denuncia, salvo que se dea algunha das seguintes causas contempladas no artigo 89 do Texto refundido da Lei de tráfico e seguridade viaria:
- Que a denuncia se formule en circunstancias nas que a detención do vehículo poida orixinar un risco para a circulación
- Que a denuncia se formule estando o vehículo estacionado, cando a persoa condutora non estea presente
- Que a autoridade sancionadora teña coñecemento dos feitos a través de medios de captación e reprodución de imaxes que permitan a identificación do vehículo
- Que a ou o axente denunciante se atope realizando labores de vixilancia, control, regulación ou disciplina do tráfico e careza de medios para proceder ao seguimento do vehículo
En todos os casos a Administración terá a obriga de realizar unha notificación posterior nos prazos e na forma regulamentarios.
Negueime a asinar a notificación dunha multa no momento da infracción, que pasa se non a pago e tampouco presento alegacións? E se a asinase?
En ambos os casos considérase notificada a multa. Se a persoa denunciada non presenta alegacións nin aboa o importe da multa no prazo de 20 días naturais seguintes á notificación perde o dereito á redución no pago do 50 %, a notificación convértese en resolución e tampouco poderá presentar alegacións, executándose a prema a partir dos 30 días naturais seguintes á notificación da denuncia.
Puxéronlle unha denuncia á miña filla ou fillo menor de 18 anos. Pódenme reclamar pagar o importe desta denuncia?
Si, as nais ou os pais, as persoas titoras acolledoras e gardadoras legais ou de feito responderán, en solidariedade con elas/con eles, da multa que lle impuxeron.
¿No encuentras lo que buscas? Llámanos al 886 211 400/886 211 420 y te ayudaremos a encontrar la información que necesitas. También puedes mandarnos una consulta por escrito a través del siguiente acceso: CONTACTA