Aberto o prazo para o aboamento das TAXAS MUNICIPAIS 2024 tercer trimestre
Desde o 5 de agosto ata o 7 de outubro está aberto o prazo para o aboamento das TAXAS MUNICIPAIS 2024.
05/08/2024
Se non ten o seu recibo de pagamento, recorde que pode obtelo e evitar recargas innecesarias a través dos seguintes medios:
- En https://ovt.depo.gal
- A través do correo electrónico informacion.oral@depo.gal
- Nos teléfonos 886 211 400 e 886 211 420
- En calquera das nosas oficinas de atención presencial
Información sobre as domiciliacións
A data do cargo en conta dos recibos domiciliados polo importe total de cada un será o día 6 de setembro.
No día seguinte á data límite de pagamento en período voluntario o ORAL fará efectivo o cobro a través da vía de constrinximento, coa inclusión dos xuros de mora e das recargas que procedan no seu caso. É importante que vostede coñeza que pode domiciliar os seus recibos e evitar custos innecesarios.
A domiciliación tramítase:
- Na Oficina Virtual Tributaria de xeito sinxelo, rápido e seguro
- Na súa entidade bancaria a través da solicitude correspondente
- De xeito presencial na nosa rede de oficina
- Por teléfono, a través do noso Centro de Atención Telefónica (886 211 420/886 211 400)
- Por correo electrónico, escribindo a informacion.oral@depo.es
Para planificar a súa asistencia ás nosas oficinas, e así evitar esperas innecesarias, pode obter cita previa en:
WEB ORAL: https://www.depo.gal/oral-xestion-tributaria-e-catastral
OVT: https://ovt.depo.gal
SEDE ELECTRÓNICA: https://sede.depo.gal/citaprevia
TELÉFONOS: 886 211 420 / 886 211 400