Taxas e prezos públicos

Nesta páxina podes atopar información detallada sobre taxas pola utilización privativa ou polo aproveitamento especial do dominio público local, así como pola prestación de servizos públicos ou a realización de actividades administrativas de competencia local


Que son as taxas?

As taxas locais están reguladas no artigo 20 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, que establece que as entidades locais, nos termos previstos nesa lei, poderán establecer taxas pola utilización privativa ou polo aproveitamento especial do dominio público local, así como pola prestación de servizos públicos ou a realización de actividades administrativas de competencia local que se refiran, afecten ou beneficien de modo particular os suxeitos pasivos.

En todo caso, terán a consideración de taxas as prestacións patrimoniais que establezan as entidades locais:

A) Pola utilización privativa ou o aproveitamento especial do dominio público local

B) Pola prestación dun servizo público ou pola realización dunha actividade administrativa en réxime de dereito público de competencia local que se refira, afecte ou beneficie de modo particular o suxeito pasivo.

Quen ten que pagar as taxas?

O artigo 23 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, establece que:

1. Son suxeitos pasivos das taxas, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas e xurídicas e as entidades ás que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria:

  • Que gocen, utilicen ou aproveiten especialmente o dominio público local en beneficio particular, conforme a algún dos supostos previstos no artigo 20.3 desta lei
  • Que soliciten ou resulten beneficiadas ou afectadas polos servizos ou polas actividades locais que presten ou realicen as entidades locais, conforme a algún dos supostos previstos no artigo 20.4 desta lei.

2. Terán a condición de substitutos das persoas contribuíntes:

  • Nas taxas establecidas por razón de servizos ou actividades que beneficien ou afecten as persoas ocupantes de vivendas ou locais, as persoas propietarias destes inmobles, quen poderá repercutir, no seu caso, as cotas sobre as respectivas persoas beneficiarias.
  • Nas taxas establecidas polo outorgamento das licenzas urbanísticas previstas na normativa sobre solo e ordenación urbana, as e os construtores e contratistas de obras.
  • Nas taxas establecidas pola prestación de servizos de prevención e extinción de incendios, de prevención de ruínas, construcións e derribas, salvamentos e, en xeral, de protección de persoas e bens, o que comprende tamén o mantemento do servizo, as entidades ou sociedades aseguradoras do risco.
  • Nas taxas establecidas pola utilización privativa ou polo aproveitamento especial por entradas de vehículos ou carruaxes a través das beirarrúas e pola súa construción, mantemento, modificación ou supresión, as persoas propietarias das leiras e dos locais aos que dean acceso as ditas entradas de vehículos, quen poderá repercutir, no seu caso, as cotas sobre as respectivas persoas beneficiarias.
Concellos que delegaron a xestión ou recadación das taxas no ORAL
  • Agolada
  • Arbo
  • Baiona
  • Barro
  • Caldas de Reis
  • Cambados
  • Campo Lameiro
  • Cangas
  • Cañiza, A
  • Catoira
  • Cerdedo-Cotobade
  • Covelo
  • Crecente
  • Cuntis
  • Dozón
  • Estrada, A
  • Fornelos de Montes
  • Gondomar
  • Illa de Arousa, A
  • Lalín
  • Lama, A
  • Meaño
  • Meis
  • Moaña
  • Mondariz
  • Mondariz-Balneario
  • Moraña
  • Neves, As
  • Oia
  • Pazos de Borbén
  • Porriño, O
  • Portas
  • Poio
  • Ponteareas
  • Ponte Caldelas
  • Pontecesures
  • Rosal, O
  • Salceda de Caselas
  • Salvaterra de Miño
  • Sanxenxo
  • Silleda
  • Soutomaior
  • Tomiño
  • Tui
  • Valga
  • Vilaboa
  • Vila de Cruces
  • Vilanova de Arousa
Trámites
  • Altas, baixas e modificacións das taxas
  • Solicitude de bonificacións e exencións nas taxas
  • Domiciliación dos meus recibos
  • Solicitude de certificados de débedas
  • Solicitude de fraccionamento de débedas
Preguntas frecuentes

Se estou de aluguer, correspóndeme a min o pago das taxas de recollida de lixo, auga etc.?

Conforme establece o artigo 23 da Lei reguladora das facendas locais, nas taxas establecidas por razón de servizos ou actividades que beneficien ou afecten as persoas ocupantes de vivendas ou locais terán a condición de substitutos da persoa contribuínte as persoas propietarias destes inmobles, quen poderá repercutir, no seu caso, as cotas sobre as respectivas persoas beneficiarias.

Podo cambiar a persoa que figura como titular na taxa?

A persoa titular da taxa pola recollida do lixo, auga etc. será sempre a titular do ben e o recibo enviaráselle á persoa propietaria que figure no imposto sobre bens inmobles (IBI). Con todo, pódese realizar a domiciliación bancaria na conta doutra persoa, como un inquilino ou inquilina, se este ou esta así o autoriza.

Se adquirín un inmoble e xa realicei o cambio de titularidade no IBI, é preciso que solicite o cambio de titularidade nas taxas ou se efectúa automaticamente?

Debe presentar unha solicitude específica para o cambio de titularidade nas taxas que correspondan, xa que a modificación non se realiza automaticamente. Pode facer este trámite:

  • Electronicamente, a través da Oficina Virtual Tributaria: https://ovt.depo.gal
  • Presencialmente, en calquera das oficinas do ORAL (consulte a relación de oficinas)
  • Presentando a declaración de alta, baixa ou cambio de titularidade na taxa, así como a documentación requirida, en calquera dos rexistros descritos no artigo 16.4 a) da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas

Máis información na Oficina Virtual Tributaria, no enlace "Presentar solicitudes, recursos e documentación".

O contedor está situado a 500 metros da miña vivenda, teño que pagar o recibo de recollida de lixo?

Para coñecer se o seu concello aprobou algunha redución da cota da taxa de recollida do lixo, así como os requisitos necesarios para a súa aplicación, pode consultar a súa ordenanza fiscal.

Teño que aboar a taxa de residuos dunha vivenda desocupada ou deshabitada temporalmente?

Si, debido a que constitúe o feito impoñible da taxa a prestación do servizo público de recollida de lixo procedente de vivendas e locais situados nas zonas en que se preste de forma efectiva e en beneficio non só das persoas directamente afectadas senón da seguridade e salubridade do municipio.
O servizo, por ser xeral e de recepción obrigatoria, entenderase utilizado polas persoas propietarias ou ocupantes de vivendas, locais ou establecementos cando se preste a través da recollida domiciliaria ou mediante contedores.

Normativa

¿Non atopas o que buscas? Chámanos ao 886 211 400/886 211 420 e te axudaremos a atopar a información que necesitas. Tamén podes mandarnos unha consulta por escrito a través do seguinte acceso: CONTACTA