Dereitos e obrigas
das persoas obrigadas tributarias nos procedementos de inspección tributaria
De conformidade co disposto no artigo 147.2 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria, infórmase ás persoas obrigadas tributarias que os seus dereitos e obrigas no procedemento de comprobación e investigación en que se atopa incurso, son os determinados no artigo 34 da devandita Lei, no Real Decreto 1065/2007, do 27 de xullo, polo que se aproba o Regulamento Xeral das actuacións e os procedementos de xestión e inspección tributaria e desenvolvemento das normas comúns dos procedementos de aplicación dos Tributos e nas demais disposicións de aplicación entre os que se resaltan os seguintes:
DEREITOS
1º.- Dereito a ser informada, ao comezo das actuacións de comprobación e investigación levadas a cabo pola Inspección dos Tributos, acerca da natureza e alcance das mesmas, así como dos seus dereitos e obrigas no curso de tales actuacións e a que se desenvolvan nos prazos previstos na presente Lei.
2º.- Dereito a actuar por si mesmo ou por medio de persoa representante, coa que se entenderán as sucesiva actuacións administrativas, se non se fai manifestación en contrario ante a Inspección.
3º.- Dereito a coñecer a identidade das autoridades e persoas ao servizo da Administración tributaria baixo cuxa responsabilidade se tramitan os procedementos de xestión tributaria nos que teña a condición de persoa interesada.
4º.- Dereito a ser tratada co debido respecto e consideración polo persoal ao servizo da Administración tributaria.
5º.- Dereito a solicitar, nos quince días seguintes ao seu inicio, que as actuacións de comprobación e investigación de carácter parcial teñan carácter xeral respecto do tributo e exercicio afectados pola actuación.
6º.- Dereito a promover a recusación das persoas actuarias nos termos legalmente previsto no artigo 24 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público.
7º.- Dereito a que as actuacións da Administración Tributaria que requiran a súa intervención leven a cabo na forma que lle resulte menos gravosa para a persoa contribuínte, sempre que iso non prexudique o cumprimento das súas obrigas tributarias.
8º.- Dereito a non presentar os documentos que non resulten esixibles pola normativa aplicable ao procedemento inspector, e os que xa achegase, e que se atopen en poder da Administración actuante, sen prexuízo da súa obriga de ratificar aqueles datos específicos, propios ou de terceiras persoas, previamente achegados contidos nos devanditos documentos.
9º.- Dereito a que se recollan en dilixencias as súas manifestacións.
10º.- Dereito a recibir un exemplar das dilixencias que con ela ou o seu representante se estendan, así como das actas.
11º.- Dereito a coñecer o estado de tramitación dos procedementos nos que sexa parte.
12º.- Dereito a obter copia á súa costa dos documentos que integren o expediente administrativo no trámite de posta de manifesto do mesmo nos termos previstos na Lei Xeral Tributaria.
13º.- Dereito a formular alegacións e a achegar documentos que serán tidos en conta polos órganos competentes con carácter previo á sinatura da acta.
14º.- Dereito a ser oída no trámite de audiencia con carácter previo á redacción da proposta de resolución.
15º.- Dereito a que as actuacións de comprobación e investigación e as de liquidación levadas a cabo pola Inspección de Tributos leven a termo no prazo máximo indicado no artigo 150.1 da Lei Xeral Tributaria, a contar desde a data de notificación á persoa contribuínte do inicio das mesmas, sen prexuízo de que devandito prazo poida ampliarse co alcance e requisitos sinalados no artigo 150.4 e 5 da Lei Xeral Tributaria.
A efectos do cómputo do prazo do procedemento inspector non será de aplicación o disposto no apartado 2 do artigo 104 da Lei Xeral Tributaria respecto dos períodos de interrupción xustificada nin das dilacións no procedemento por causa non imputable á Administración. Así mesmo, o cómputo do prazo suspenderase cando concorra algunha das circunstancias sinaladas no artigo 150.3 da Lei Xeral Tributaria.
O incumprimento do prazo de duración do procedemento ao principio sinalado, non determinará a caducidade do mesmo que continuará ata a súa terminación, pero producirá os efectos previstos no artigo 150.6 e 3 da Lei Xeral Tributaria, respecto das obrigas tributarias pendentes de liquidar.
16º.- Dereito, nos termos legalmente previstos, ao carácter reservado dos datos, informes ou antecedentes obtidos pola Administración tributaria, que só poderán ser utilizados para a efectiva aplicación dos tributos ou recursos cuxa xestión teña encomendada, sen que poidan ser cedidos ou comunicados a terceiras persoas, salvo nos supostos previstos nas leis.
OBRIGAS
1º.- Obriga de facilitar a práctica da actuación de comprobación e investigación.
2º.- Obriga de proporcionar á Administración os datos, informes antecedentes e xustificantes que teñan relación co feito impoñible facilitando a práctica de inspeccións e comprobacións.
- Os rexistros e documentos establecidos especificamente por normas de carácter tributario, poderá esixirse que se acheguen ás oficinas públicas.
- Poñer a disposición da Inspección nos termos alí previstos a documentación á que se refire o artigo 171 do RD 1065/2007.
3º.- Acharse presente nas actuacións inspectoras cando a xuízo da Inspección sexa preciso o seu concurso para a adecuada práctica daquelas. Esta obriga poderá cumprila a persoa obrigada tributaria por si ou por medio de persoa representante nomeada para o efecto. Igualmente, a persoa contribuínte poderá comparecer por si ou por medio de representante para o caso de que as actuacións de comprobación que agora se inician fosen seguidas dun ulterior procedemento sancionador.
4º.- Acudir ao lugar, día e hora sinalados para a práctica das actuacións, tendo a disposición da Inspección ou achegando a documentación e demais elementos solicitados.
5º.- Permitir a entrada da Inspección nas propiedades, locais de negocio e demais lugares a que se refiren os artigos 142.2 LXT e 172 do R.D. 1065/2007 nos termos legalmente previstos.
6º.- Permitir o exercicio das facultades, competencias e funcións que o ordenamento xurídico atribúe á Inspección dos Tributos.
Sen prexuízo da relación de dereitos e deberes que antecede, o/a funcionario/a, Equipo ou Unidade actuante queda a disposición da persoa obrigada tributaria durante todo o procedemento de comprobación e investigación e, no seu caso o sancionador, para informarlle de cantas dúbidas sexan expostas en relación cos seus dereitos e obrigas. Así mesmo poderá solicitar copia das normas legais e regulamentarias citadas.
¿Non atopas o que buscas? Chámanos ao 886 211 400/886 211 420 e te axudaremos a atopar a información que necesitas. Tamén podes mandarnos unha consulta por escrito a través do seguinte acceso: CONTACTA