A Deputación de Pontevedra garda un minuto de silencio na memoria de Fadoua Akkar e en sinal de rexeitamento á violencia de xénero
08/10/2024
Persoal da Deputación de Pontevedra, encabezados polo presidente provincial, Luis López, e membros do goberno; concentráronse ao mediodía deste martes nas escaleiras de acceso ao Pazo provincial para gardar un minuto de silencio na memoria de Fadoua Akkar e en sinal de rexeitamento polo crime de violencia de xénero do que foi vítima a pasada fin de semana en Moaña.
Desde a Deputación amosan a súa máxima repulsa á lacra da violencia de xénero e todo o seu agarimo á familia e seres queridos de Fadoua Akkar.