Aberto o prazo para o aboamento do IAE 2024

17/09/2024

Dende o 2 de setembro ata o 4 de novembro está aberto o prazo para o aboamento do Imposto sobre Actividades Económicas (IAE) correspondente ao exercicio 2024.

Se non recibiu ou seu recibo, recorde que pode obtelo e evitar recargas innecesarias a través dos seguintes medios:

En https://ovt.depo.gal

Escribíndonos a informacion.oral@depo.gal

Chamándonos aos teléfonos 886 211 400 / 886 211 420

Información sobre domiciliacións

A data de cargo en conta dos recibos domiciliados polo importe total do recibo é o 4 de novembro.

No día seguinte á data límite de pagamento en período voluntario, o ORAL fará efectivo o cobro a través da vía de constriximento, coa inclusión dos xuros de mora e das recargas que procedan no seu caso. É importante que vostede coñeza que pode domiciliar os seus recibos e evitar costes innecesarios

A domiciliación tramítase:

Nesta OVT (ENLACE OVT) de xeito sinxelo, rápido e seguro

Solicitándoa na súa entidade bancaria

Por teléfono a través do nos Centro de Atención Telefónica (886 211 420/886 211 400 ou en informacion.oral@depo.es )

Máis información sobre o IAE aquí