Luis López asiste ao arranque das Festas de Setembro de Ponteareas e subliña a súa completa oferta cultural, que combina tradición e modernidade

06/09/2024

O presidente da Deputación de Pontevedra Luis López acaba de asistir ao arranque das Festas de Setembro de Ponteareas onde destacou a súa completa oferta cultural, que combina tradición e modernidade. López estivo presente na lectura do pregón das Festas en honor á Virxe dos Remedios que correu a cargo do actor e presentador Roberto Vilar, así como á apertura dos postos da feira tradicional, ecolóxica e artesanal.  

A Deputación de Pontevedra colabora con estes festexos a través de +Música, co concerto de “Camiñantes e cantantes” que tivo lugar hoxe mesmo na Praza Maior. Trátase dun espectáculo no que se repasou a música popular galega a través das variantes do Camiño de Santiago e unha posta en escena que mestura música con imaxes aéreas e xogos visuais.

 

Galerias de imaxes