Axenda de actividades provinciais

Exposicion Achegas das mulleres á sustentibilidade do mar

Desde Thu May 02 00:00:00 GMT 2024 ata Thu May 16 23:59:00 GMT 2024
CEIP A Xunqueira I. Pontevedra
Achega das mulleres

Achegas das mulleres á sustentabilidade do mar é unha exposición que busca dar visibilidade ao papel da muller no ámbito mariño. A mostra está composta por vídeos, fotografías de redeiras, de mariscadoras, de vendedoras de peixe, de mulleres salgando ou conservando, científicas como a oceanógrafa Ángeles Alvariño ou a que fora directora do Instituto Español de Oceanografía, Aida Fernández.

Esta iniciativa está promovida pola Deputación de Pontevedra en colaboración coa Universidade de Vigo para darlle visibilidade ao papel da muller no ámbito mariño

Información

3 de maio: inauguración e obradoiro a cargo de Tamara Amorin para os alumnos de 6º de EP

Más información